Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2011

«A Coroa de Napoleón. Un misterio de Tintiman na Coruña», de Jaureguizar, presentación o próximo xoves na Coruña

A libraría Arenas acollerá o próximo o xoves, 20 de xaneiro,a presentación da novela A Coroa de Napoleón. Un misterio de Tintiman na Coruña, de Jaureguizar. O acto, que contará coa participación de Manuel Santiago Arenas Roca, Presidente da Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets; o propio Jaureguizar e Manuel Bragado; terá ás 20,30 horas nos locais da libraría (Cantón Pequeno, 25 ).

«O pintor do sombreiro de malvas», de Marcos Calveiro: crítica en O levantador de Minas

O blog O levantador de Minas, de Afredo Ferreiro, publica hoxe unha crítica sobre O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, que reproducimos a continuación: O pintor do sombreiro de malvas revela desde o inicio un argumento puído e ben equilibrado.

«Randea o alento», unha obra «impoñente» de Herta Müller, na crítica de Xesús González Gómez

«Randea o alento», unha obra «impoñente» de Herta Müller, na crítica de Xesús González Gómez

O crítico Xesús González Gómez publica en A Nosa Terra unha recensión sobre Randea do alento, da premio Nobel alemana Herta Müller, calificándoa como unha obra «impoñente». Ademais, a novela, traducida pola escritora Marga do Val, será presentada mañá venres na librería Andel de Vigo.

«Limpeza de sangue», de Rubén Ruibal, represéntase na Coruña a cargo de Espello Cóncavo

«Limpeza de sangue», de Rubén Ruibal, represéntase na Coruña a cargo de Espello Cóncavo

Limpeza de sangue, a obra de Rubén Ruibal, publicada por Xerais, represéntase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña mañá mércores e o próximo sábado, ás 20, 30 horas, tal e como informan algúns xornais. A obra fora Premio Nacional de Literatura Dramática en 2006 e a súa posta en escena está a cargo da compañía Espello Cóncavo.

José Luis Cuerda anuncia que levará ao cine «Todo é silencio», a novela de Manuel Rivas

«Co guión de Rivas teño a sensación de que, por primeira vez, teño entre as miñas mans unha película», asegura José Luis Cuerda O director de cine José Luis Cuerda anunciou no Café de Redacción do Xornal de Galicia que levará ao cine a novela de Manuel Rivas Todo é silencio.

Cid Cabido estará hoxe en Gondomar con «Unha historia que non vou contar» da man de Espazo Lectura

O escritor Cid Cabido estará esta tarde en Gondomar, participando nunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor do seu libro Unha historia que non vou contar. A sesión terá lugar ás 20,00 horas, na Biblioteca de Gondomar e o encontro co autor ás 21 horas no mesmo lugar. A partir dese momento, será o propio autor quen comparta as impresións dos lectores e lectoras sobre o libro.

Xerais publicará na primavera «Amada liberdade», as memorias do intelectual Fernando Pérez-Barreiro

Tal e como recolle hoxe a noticia de La Voz de Galicia, Xerais publicará na primavera Amada liberdade, as memorias do intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla, a quen o IGADI acaba de renderlle unha calurosa homenaxe estes días en Baiona.

Homenaxe a Herminio Barreiro

O Ateno de Compostela celebrou unha concurrida homenaxe ao pedagodo Hermino Barreiro. O autor de Recordar doe, o seu libro de memorias publicado por Xerais, foi lembrado na sala da Fundación Novacaixagalicia de Compostela, nun auditorio ateigado de xente. Herminio Barreiro foi membro do grupo Brais Pinto, así como profesor da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Xurxo Sierra Veloso

O xorrnal Galicia Hoxe incluía na súa edición de onte unha entrevista de Manuel Vidal Villaverde co escritor Xurxo Sierra Veloso, autor de Os nomes do traidor. Sobre a novela asegura na entrevista: «Con Os nomes do traidor está a ocorrer algo curioso: canto máis tempo pasa, máis me gusta. Descubrinlle unha posible interpretación paradoxal que non prevera».

«O coitelo en Novembro» de Marilar Aleixandre e «Luz de Tebra» de Vázquez de la Cruz, recomendadas

O Nadal trouxo a recomendación de lectura de varios libros de Xerais. Entre eles, nas páxinas de La Voz de Galicia, recomendouse a lectura de O coitelo en Novembro, de Marilar Aleixandre, recensionado por Ana Abelenda, así como de Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, recensionada por Sandra Faginas.

A Libreira organiza un Vermú literario sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras, para o sábado

A Libreira (Rúa Luís Seoane 2, O Temple) organiza para o próximo sábado 15 de xaneiro un Vermú Literario en torno ao libro Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras. Durante o acto, que terá lugar sobre a unha e media da tarde, haberá un encontro co autor para falar do libro, da saúde da narrativa galega e do repuntar da novela negra.

«Randea o alento», presentación o venres 14 na librería Andel de Vigo

«Randea o alento», presentación o venres 14 na librería Andel de Vigo

A libraría Andel acollerá o próximo venres 14 a presentación da novela  Randea do alento, da premio Nobel alemana Herta Müller, traducido pola escritora galega Marga do Val. O acto, que contará coa participación de María Xosé Queizán,  Valentín Arias, Marga do Val e Manuel Bragado, terá lugar o vindeiro  ás 20,00 horas. A libraría Andel está na rúa Pintor Lugrís, 10, enVigo.