Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2011

Convocado o Premio de Literatura Xuvenil Fundación Novacaixagalicia-Claudio Sanmartín 2011

Edicións Xerais de Galicia convoca a 5ª edición do Premio de Literatura Xuvenil Fundación Novacaixagalicia -Claudio Sanmartín, dotado con 10.000 euros, para obras orixinais e inéditas, en lingua galega. De cada orixinal presentaranxe seis copias en papel antes do 11 de abril de 2011. O Xurado, composto por 5 persoas, fará público o seu fallo o día 11 de xuño de 2011. A convocatoria do premio réxese por estas bases.

Convocado o Premio Merlín de Literatura Infantil 2011

Edicións Xerais de Galicia convoca a 26ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, para obras orixinais e inéditas, en lingua galega. De cada orixinal presentaranxe seis copias en papel antes do 11 de abril de 2011. O Xurado, composto por 5 persoas, fará público o seu fallo o día 11 de xuño de 2011. A convocatoria do premio réxese por estas bases.

Convocado o Premio Xerais de Novela 2011

Edicións Xerais de Galicia convoca a 28ª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, para obras orixinais e inéditas, en lingua galega. De cada orixinal presentaranxe seis copias en papel antes do 11 de abril de 2011. O Xurado, composto por 5 persoas, fará público o seu fallo o día 11 de xuño de 2011. A convocatoria do premio réxese por estas bases.

Convocados os Premios Xerais 2011

Edicións Xerais de Galicia convoca, un ano máis, os Premios Xerais nas súas tres modalidades, correspondentes á convocatoria de 2011. As súas bases poden consultarse neste blog ou na web de Xerais e o prazo de admisión de orixinais remata o día 11 de abril. Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, na súa 28ª edición. Bases. Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, na súa 26ª edición. Bases.

Entrevista a Iolanda Zúñiga, sobre «Periferia» no Faro de Vigo

O Faro de Vigo inclúe hoxe unha entrevista de Mar Mato a Iolanda Zúñiga sobre a súa novela Periferia, Premio Xerais 2010. Reproducímola a continuación: «Só escribo cando unha historia me toca no corazón» A autora critica que o Goberno brasileiro pacifique as favelas por causa da olimpíada Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) iniciou a súa andaina como escritora recoñecida con Vidas post-it no 2007.

Crítica de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre «Denso recendo a salgado», de Manuel Portas

Crítica de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre «Denso recendo a salgado», de Manuel Portas

O  crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica na que valora a primeira novela de Manuel Portas como unha das mellores do ano 2010. Publicamos un resumo amplo da recensión de  Denso recendo a salgado, que pode lerse completa en A Nosa Terra: Denso recendo a salgado, a novela de Manuel Portas, o obxectivo da nosa crónica letresca, é un bon exemplo de canto vimos de dicir.

Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla o próximo venres 7 en Baiona

O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) celebrará o vindeiro venres 7 de xaneiro un acto cívico de homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol 1931-Lancaster 2010). O evento, que se iniciará ás 20 horas no Hotel Bahía de Baiona e rematará ás 21,30 horas, contará coa participación de Xulio Ríos, Nicolás Vidal, F. X.

«Randea do alento», de Herta Müller, recomendado en A Nosa Terra

«Randea do alento», de Herta Müller, recomendado en A Nosa Terra

Na súa sección «Un libro para cada día», A Nosa Terra recomenda Randea do alento, de Herta Müller, a última novela da Premio Nobel alemana: Leo Auberg é un mozo de 17 anos que é deportado, xunto cos outros alemáns habitantes de Romanía, a un campo de concentración soviético situado en Ucraína.

Convocado, para 2011, o XXIII Premio de Narrativa Torrente Ballester

Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e creativa que caracteriza os nosos escritores, así como de homenaxear o ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña convoca o XXIII Premio de narrativa Torrente Ballester, de acordo coas seguintes: BASES Primeira.