Publicado o 28 Febreiro, 2011 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Premios_Xerais
O crítico Vicente Araguas publicou recentemenete unha recensión crítica sobre A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, o libro gañador do Premio Merlín 2010. A recensión viu a luz no Diaro de Ferrol e e en El Ideal Gallego.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2011 nas categorías Uncategorized
O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog, Novenoites, unha recensión sobre Cara B, de Ignacio Silva, que reproducimos a continuación:
Cara B, un debut prometedor
Vivimos tempos difíciles para un debut literario. A crise xeral asáñase tamén co mundo da edición. A deriva de lectores está a provocar que os selos editoriais máis importantes do pais sexan moi precavidos á hora de poñer na rúa novos libros.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Culturas de La Voz de Galicia publicaba o pasado sábado unha recensión crítica de Ramón Nicolás sobre a novela Fundación Libélula, de Yashmina Shawki, que tamén pode lerse no blog de Ramón Nicolás.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
Armando Requeixo deu á luz unha crítica sobre Cara B, de Ignacio Silva que se publicou onte nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, e que agora pode lerse tamén no seu blog. Reproducímola integramente:
A cara B de Ignacio Silva
Saudar a aparición da obra primeira dun autor novel é sempre un motivo de satisfacción.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2011 nas categorías Autores, Exposicións, Poesía
A Casa das Artes de Vigo acolle, entre o 25 de febreiro e o 20 de marzo, a exposición Vermellas. Chamábanlles rojas, baseada no poemario de Claudio Rodríguez Fer, publicado por Xerais hai dous anos, Ámote vermella. A exposición céntrase, igual que o poemario, nas mulleres que sufriron a represión en Galicia logo do golpe militar de 1936 debido á súa ideoloxía de esquerdas.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Ler e ver, do profesor de lingua e literatura españolas Juan Romero, inclúe un extenso comentario crítico sobre a novela Todo é silencio, de Manuel Rivas. Reproducimos algúns parágrafos:
(…) A verdade é que hai tempo que non lía nada de Manuel Rivas e esta última que apareceu recentemente tiña unha historia que me parecía atrainte e tiña algunha boa recomendación dela.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2011 nas categorías Autores, Noticias, Sinatura
O escritor Manuel Rivas estará asinando exemplares de Todo é silencio e de todos os seus libros o xoves 3 de marzo, a partir das 18:00 horas, na Casa do Libro de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2011 nas categorías Lingua, Presentacións
O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 4 en Allariz. No acto, coorganizado pola Libraría Aira das Letras, intervirá o alcade de Allariz, Francisco García, e así como o propio autor. Terá lugar ás 20,00 horas na sede da Fundación Vicente Risco (rúa San Lourenzo, 3).
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2011 nas categorías Noticias, Novidades, Vídeos, Xuvenil
O mes de marzo nas librarías galegas, Resurrección de Lea Tobery.
Ler máis →
Publicado o 25 Febreiro, 2011 nas categorías Autores, Narrativa, Premios, Xuvenil
Gálix anunciou hoxe o nomeamento do escritor Agustín Fernández Paz como candidato da OEPLI ao Premio Andersen.
Este premio, convocado polo IBBY, está considerado como o auténtico nóbel da Literatura infantil e xuvenil, razón pola que esta candidatura constitúe, xa en si mesma, outro importante recoñecemento para o autor de Contos por palabras.
Ler máis →
Publicado o 25 Febreiro, 2011 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas
O xornal La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista con Carlos Reigosa, feita por Xesús Fraga, con motivo da publicación do seu libro A agonía do león, que foi presentado onte no Consello da Cultura Galega. Reproducímola integramente:
«Recuperar a memoria non é traer a belicosidade ao presente»
O autor lucense publica en galego a historia do escapado Manuel Girón
Carlos G.
Ler máis →
Publicado o 25 Febreiro, 2011 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
Tal e como recollen diversos medios de comunicación, A agonía do león, o libro de Carlos Reigosa que Xerais acaba de publicar na colección Crónica, foi presentado onte no Consello da Cultura Galega. No acto nterviron Ramón Villares, presidente da institución, o editor Manuel Bragado e o autor.
Ler máis →