Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2011

Crítica de «Marta ante o espello», de Teresa Calo Fontán, no blog Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis inclúe unha pequena recensión crítica sobre Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán, da colección Fóra de Xogo. Reproducímola a continuación: Da man de Xerais podemos ler esta estupenda obra de teatro na nosa lingua: Marta ante o espello é de Teresa Calo Fontán, e aborda o sempre complicado tema da anorexia.

«Poesía completa», de Lois Pereiro, novidade do mes de febreiro

A Poesía completa, de Lois Pereiro, que se publica por primeira vez reunida e editada por Ana Acuña, é unha das novidades do mes de febreiro na colección Xerais Clásicos. «O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa experiencia vital, explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa escrita.

«Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», biografía e antoloxía de Marcos Calveiro

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía, de Marcos Calveiro, é unha das novidades deste mes de febreiro na colección Fóra de Xogo. Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e adolescencia nese universo todo que foi para el o seu Monforte natal.

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, mañá xoves en Bertamiráns

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado mañá xoves 24 no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O evento comezará ás 20.30 h, coa participación de Rafa Vilar (escritor e técnico de normalización lingüística) e Silvana Castro (profesora do IES de Ames e membro da Xunta Directiva da Mesa).

Crítica de «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki no blog Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publica unha nota crítica sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki, da que reproducimos algúns parágrafos: Cando vin anunciada a publicación deste libro no blogue de Xerais tívome moi boa pinta; o argumento, a autora… Agora teño que dicir que me decepcionou a súa lectura.

Unha nena que soña con ser equilibrista: comentario sobre «A filla do ladrón de bicicletas» en A Nosa Terra

A Nosa Terra publica un comentario sobre A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, na sección Un libro para cada día. Reproducímolo a continuación: Premio Merlín 2010, ‘A filla do ladrón de bicicletas’ (Xerais), de Teresa González Costa conta a historia da nena Serafina e a súa bici Celerífera.

«Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial», de María Xosé Queizán, novidade do mes de febreiro

O libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán, publicado na colección Ensaio, é unha das novidades de Xerais para este mes de febreiro. A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa completa educación, pouco habitual nas mulleres da época, permitiulle crear a figura literaria de Frankenstein.

Anibal Otero, un fonetista, dialectólogo e lexicógrafo galego que foi secuestrado en Portugal e sufriu a persecución do franquismo

O xornal Galicia Hoxe publica unha información sobre o libro Anibal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero.

Libros de Xerais finalistas nos Premios da Edición 2010

A Asociación Galega de Editores fixo públicos esta fin de semana os libros e autores finalistas nos Premios da Edición 2010, que serán entregados en Lugo o sábado 12 de marzo durante o transcurso da Noite da Edición.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Fundación Libélula» de Yashmina Shawki

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha recensión sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Gabriel Rei-Doval, autor de «A lingua galega na cidade no seculo XX»

O xornal Galicia hoxe publica unha entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Gabriel Rei-Doval, autor de A lingua galega na cidade no século XX. Unha aproximación sociolingüística (Xerais 2007), e coautor do Manual de Ciencias da Linguaxe.

Crónica de Belén López sobre «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

A xornalista Belén López publicou onte no Diario de Pontevedra unha crónica sobre o libro As palabras que move o mar, a primeira obra do escritor pontevedrés Xaime Toxo, persoa moi coñecida nesa cidade e que na actualidade é presidente do Ateneo de Pontevedra. Reproducimos integramente a crónica, que tamén pode baixarse en pdf: Xaime Toxo recupera a memoria sentimental da súa xeración nun libro BELÉN LÓPEZ. PONTEVEDRA.