Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2011

Crítica de Armando Requeixo sobre «Macarrón de narices», de Xoán Babarro González

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog, unha recensión sobre Macarrón de narices, de Xoán Babarro.

Fina Casalderrey participará na celebración do Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo

Fina Casalderrey participará, convidada polo Instituto Cervantes de Hamburgo, na celebración do Día Internacional da Lingua Materna, que terá lugar o 21 de febreiro 2011 na sede desa institución na devandita cidade. Durante o acto, unha persoa lerá un texto da escritora galega en alemán e a continuación será a propia escritora quen o faga en galego.

«A agonía do león», de Carlos Reigosa, novidade do mes de febreiro

A agonía do león (esperanza e traxedia dos escapados), de Carlos Reigosa, é unha das novidades da colección Crónica do mes de febreiro. O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xullo do 1936.

«Denso recenso salgado», de Manuel Portas, finalista do Premio San Clemente

A novela Denso recendo a salgado, de Manuel Portas, que vai xa na súa segunda edición, foi declarada finalista do XVII Premio San Clemente. O xurado do premio está formado por alumnos de diferentes institutos de Galicia. A noticia publicouse onte no portal Cultura galega.org.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Cara B», de Ignacio Silva

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha recensión sobre Cara B, de Ignacio Silva, unha das novidades de Xerais na colección Narrativa.

Presentación en Ponteareas de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres 18

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 18 en Ponteareas. No acto intervirán Xosé Manuel Moo (en representación de Xerais), e o propio Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. A presentación, organizada por Queremos Galego, terá lugar ás 20,30 horas no local comarcal do BNG en Ponteareas (rúa Mestres 8).

«A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra», de Gonzalo Amoedo, novidade do mes de febreiro

A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo López é unha das novidades do mes de febreiro da colección Crónica.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Marta ante o espello», de Teresa Calo Fontán

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión sobre o libro Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán, publicado na colección Fóra de Xogo. Reproducimos algúns parágrafos da recensión, que pode lerse completa en Bouvard e Pécuchet. (…) A obra é un longo monólogo dunha adolescente anoréxica perante un espello, unha vez morta por desnutrición, antes de facer os dezasete anos.

O Concello de Santiago, en colaboración con Xerais, convoca o XVI Premio Literario Ánxel Casal

O Concello de Santiago, en colaboración con Xerais, acaba de convocar o XVI Premio Literario Ánxel Casal. As bases, que foron presentadas pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón, acompañada polo director xeral de Xerais, Manuel Bragado, poden descargarse aquí en pdf. O certame, dirixido ao alumnos a partir dos 14 anos dos centros de ensino secundario de Galicia, repartirá 5.

«Anibal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, novidade de Crónica

Anibal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, é unha das novidades da colección Crónica do mes de febreiro. Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo.

«As palabras que move o mar», de Xaime Toxo, novidade do mes de febreiro

As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, é unha das novidades de Narrativa do mes de febreiro. As palabras que move o mar son catro relatos longos que teñen como fío condutor a memoria e a construción da identidade alicerzada neses recordos que permanecen imborrables na nosa vida ao longo dos anos.

Crítica de María Navarro sobre «Xoa», de Antonio Yáñez Casal

O Faro da Cultura (Faro de Vigo) publicou onte unha recensión crítica de María Navarro sobre Xoa, de Antonio Yáñez Casal, que reproducimos integramente: Ingredientes atractivos Con boa cadencia narrativa Os cambios supoñen a miúdo unha crise que non sempre resulta doado asimilar, toda ruptura co setado anterior leva asociada unha modificación ou alteración,ás veces, difícil de encaixar.