Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2011

«Limpeza de sangue», de Rubén Ruibal, represéntase mañá en Vigo a cargo de Espello Cóncavo

Limpeza de sangue, a obra de Rubén Ruibal, publicada por Xerais, represéntase mañá en Vigo no Teatro Novacaixagalicia, ás 20,00 horas. A obra fora Premio Nacional de Literatura Dramática en 2006 e a súa posta en escena está a cargo da compañía Espello Cóncavo.

«Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira, novidade do mes de febreiro

Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira é unha das novidades da colección Crónica do mes de febreiro.

«O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos, novidade do mes de febreiro

O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos, é unha das novidades do mes de febreiro en Narrativa. Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo.

Ramón Nicolás comenta as novidades de Xerais

O crítico Ramón Nicolás comenta hoxe as últimas novidades de Xerais no seu blog Caderno da crítica. Reproducimos a continuación o texto: Comeza o novo ano Edicións Xerais de Galicia cun mangado de novidades en diversas coleccións das que cumprirá ir dando conta máis polo miúdo de  aquí en diante.

«Amaranta, a carteira saramaganta», de Mau e Pin, novidade de literatura infantil

O libro Amaranta, a carteira saramaganta, de Mau e Pin, é unha das novidades recentes de Xerais en literatura infantil. Amaranta, a carteira saramaganta esta protagonizado por algúns dos réptiles máis habituais na nosa fauna, presentando algúns dos máis importantes escritores e escritoras galegos.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Lapidarias», de David Rodríguez, ao que califica de «impresionante poemario»

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre o poemario Lapidarias, de David Rodríguez, baixo o título «Contraste do poeta atrapado». Reproducimos algúns fragmentos: Da apocalipse que atoparei -non do paraíso perdido- teño nostalxia (111) Abonda este poema para ensinar o estado de ánimo desde o que David Rodríguez escribe este impresionante poemario.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog unha recensión crítica sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki. Reproducímos un parágrafo. A recensión pode lerse completa aquí. A novela curta que acaba de saír dos prelos de Edicións Xerais é, á vez, unha denuncia social e unha chamada á esperanza e á solidariedade. Denuncia da explotación das mulleres, trabadas en situación precaria.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Verbas de sal», de Antonio García Teijeiro

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog, unha recensión crítica sobre Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro. Reproducímola a continuación: Un presado de verbas de sal Que Antonio García Teijeiro é un dos nosos máis destacados autores infantoxuvenís é algo que, entendo, pode concitar o acordo xeral.

Entrevista a Yashmina Shawki sobre a súa novela «Fundación Libélula»

O xornal Galicia hoxe publicou a pasada fin de semana unha entrevista con Yashmina Shawki, autora de Fundación Libélula, asinada por Vanesa Oliveira baixo o título de «As mulleres libélula», que reproducimos a continuación: AS MULLERES LIBÉLULAS «As revolucións sociais nacen da concienciación da inxustiza, da necesidade de axudar o outro sen esperar nada a cambio» De nai galega e pai kurdo iraquí, Yashmina Shawki naceu en

Crítica de Vicente Araguas sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publicaron unha recensión crítica de Vicente Araguas sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, baixo o título de «Como certa vida mesma». Reproducimos algúns parágrafos: «Teño a completa sensación de estar diante dun “artefacto”.

Conferencia de Francisco Calo na Universidade de Cambridge en torno ao seu libro «Os celtas»

O investigador Francisco Calo Lourido, autor do libro Os celtas, pronunicará unha conferencia na Universidade de Cambridge este mércores 9 de febreiro. A conferencia, que será en inglés, terá lugar no Archaeological Field Club, ubicado no Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Cambridge.

Manuel Rivas e Kirmen Uribe convidados a participar no Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO en Xenebra

Os escritores Manuel Rivas e Kirmen Uribe, ambos os dous autores de Xerais, foron convidados a participar, os días 7 e 8 de febreiro,  nos actos de celebración do Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO na sala dos Dereitos Humanos en Xenebra (unha cúpula da autoría de Miquel Barceló) onde impartiran cadanseu recital poético nas súas respectivas linguas maternas, galego e eúscaro, con acompañamento musical.