Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2011

A colección Xabaril: os clásicos en plena forma. As aventuras de Jack London e o humor de Óscar Wilde

«Se a colección Xabarín foi fundamental para a normalización da nosa cultura a primeiros da década do 1980, Xerais leva recuperando desde hai uns anos títulos fundamentais das letras universais que seguen en plena forma para os lectores do século XXI».

Crítica de Isabel Soto sobre «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

LG3, o portal de Literatura do Consello da Cultura Galega, publica unha recensión crítica de Isabel Soto sobre A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, último Premio Merlín de Literatura Infantil. Reproducimos o primeiro parágrafo: Obra gañadora do XXV Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2010 coa que a autora debuta como narradora.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Unha historia que non vou contar», de Cid Cabido

O crítico Francisco Martínez Bouzas recolle no seu blog unha recensión que publicara hai algún tempo sobre Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido. Reproducimos algúns parágrafos: (…) A novela abéiranos ás figura dun escritor, un tipo raro, “incomunicativo” e cun alto nivel de nugalla que, a finais do 2005, comeza  a investigar un crime cometido en Vigo e que circulou como lenda urbana no ano 1974.

Os libros de Xerais no Top 10 da narrativa galega do 2010, segundo Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás elaborou un Top 10 da narrativa galega no 2010 para a revista Biblos que reproduce no seu blog. Periferia, Premio Xerais de novela 2010, encabeza o listado, acompañada de outros catro libros máis publicados por Xerais neste pasado ano: Periferia, de Iolanda Zúñiga. Premio Xerais 2010. Poderoso mergullo, heterodoxo e escasamente convencional, no universo das favelas paulistas, metáfora do propio mundo.

«Randea o alento», de Herta Müller; a novela vista por María Xosé Queizán

Enlazamos as magnificas palabras de María Xosé Queizán sobre Randea o alento, a novela de Herta Müller, na presentación do libro na librería Andel, reproducidas no blog de Feministas Independentes Galegas. Poden lerse completas no blog de FIGA. Reproducimos un pequeno extracto: Teño reflexionada sobre o feito de que en momentos de grandes traxedias e sufrimentos colectivos pode haber persoas que encontren a felicidade.

Dez anos de «Contos por palabras», de Agustín Fernández Paz

O xornal Galicia Hoxe informa de que se cumpren dez anos da publicación de Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, un libro que foi incluído na selección dos Dez títulos imprescin­dibles da Literatura Infantil e Xuvenil española do sécu­lo XX elaborada en 2010. No seu día, Contos por palabras gañou o Premio Lazarillo (1990) e posteriormente foi incluído na Lista de Honra do IBBY.