Publicado o 31 Marzo, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo
O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso de Marcos Calveiro. Reproducímola integramente:
Biopic Pereiro
Achegarse á vida e á obra de Lois Pereiro para facelos comprensibles ao grande público non é tarefa precisamente doada.
Ler máis →
Publicado o 31 Marzo, 2011 nas categorías Autores, Infantil, Merlín, Presentacións
Edicións Xerais de Galicia presentará este sábado 2 de abril o libro O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo, con motivo do 25 aniversario da súa publicación. O acto, que terá lugar ás 17:00 horas no Achegarte (Auditorio de Palexco, A Coruña) consistirá nunha conversa que Óscar Sánchez manterá con Xabier P. DoCampo, Xosé Cobas e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 30 Marzo, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Francisco Martínez Bouzas publica unha recensión no seu blog, Novonoites, sobre As palabras que move o mar, de Xaime Toxo.
Ler máis →
Publicado o 30 Marzo, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Sopa de Libros
O crítico Ramón Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión sobre Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro.
Ler máis →
Publicado o 30 Marzo, 2011 nas categorías Críticas, Natureza
O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión crítica sobre Cara B, de Ignacio Silva, nos xornais El ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol.
Ler máis →
Publicado o 30 Marzo, 2011 nas categorías Críticas, Poesía
O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre (Retro)visor, de Antía Otero, que reproducimos integramente.
O espello panorámico de Antía Otero
Sete anos despois daquel iniciático O son da xordeira, o polifacético nome de Antía Otero volve asinar un novo poemario.
Ler máis →
Publicado o 30 Marzo, 2011 nas categorías Narrativa, Presentacións
Edicións Xerais de Galicia presentará este xoves 31 o libro de relatos As palabras que move o mar, de Xaime Toxo (escritor, pedagogo e presidente do Ateneo de Pontevedra). O acto, que terá lugar ás 20:00 horas na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Rúa García Barbón, 1), contará coa participación de Rafael Ojea, Daniel Bernárdez, o director de Xerais, Manuel Bragado, así como do propio autor, Xaime Toxo.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2011 nas categorías Álbums, Infantil, Merlín, Novidades, Sopa de Libros
Galicia Hoxe publicou unha páxina sobre as novidades infantís de Xerais asinada por Romina Bal. A información, que tamén pode descargarse en pdf, reproducímola a continuación:
Unha manchea de novidades de Xerais completan a proposta anterior. Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro é outro libro da coleccion Sopa de Letras que recolle un diálogo fascinante entre a música e a poesía.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2011 nas categorías Críticas, Infantil, Poesía, Sopa de Libros
O xornal Galicia Hoxe publicou unha páxina, da man de Romina Bal, sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. A páxina, baixo o título de «O amor é un sombreiro que che medra na cabeza», pode descargarse en pdf e reproducímola a continuación:
‘O meu gato poeta enreda coas palabras, bótaas a rodar, retórcelles o pescozo’.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2011 nas categorías Infantil, Polo correo do vento
O Diario de Pontevedra publicou unha extensa crónica asinada por Lorena J. Barral sobre a visita que Mau e Pin, autores da colección «Polo correo do vento» realizaron á Biblioteca de Pontevedra para contar a historia de Cóximo, un esquío que busca apoio na gata e meiga Ágatha a fin de conseguir curar a unha árbore que está doente.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2011 nas categorías Autores, Noticias, Traducións
A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu pesar pola morte do tradutor e profesor Valentín Arias, colaborador de Xerais desde a súa fundación. Valentín Arias faleceu o pasado venres aos 76 anos de idade na súa casa de Sarria e foi incinerado en Vigo este domingo.
O seu papel máis destacado foi o de tradutor, sendo membro fundador en 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que ocupou a presidencia.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos.
Ler máis →