Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2011

Dolores Vilavedra fai un repaso polas novidades de Xerais en Crónica e Narrativa

Dolores Vilavedra publica na sección Luces de El País a súa Rolda de Letras. Extraemos os parágrafos referidos ás novidades de Xerais: Leva tempo Xerais apostando polos libros que abertamente toman partido por certas causas urxentes: nesta ocasión cómpre saudar o de Yasmina Shawki, Fundación Libélula, onde as sinxelas historias de catro mulleres nos mergullan no mundo do maltrato e a explotación feminina.

Crítica de Armando Requeixo sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

Crítica de Armando Requeixo sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

O crítico Armando Requeixo incluíu en Criticalia, o seu blog,  unha recensión sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. Reproducímola a continuación: Poesía félida Fran Alonso, escritor de longa e recoñecida traxectoria, acaba de dar ao prelo O meu gato é un poeta, ao meu ver un dos máis orixinais poemarios infantoxuvenís da Galicia dos últimos anos.

Presentación de «Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)», de Dionisio Pereira, o próximo martes na Coruña

O próximo martes 29 de marzo, terá lugar na Coruña a presentación do libro de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panaderas, 12 da Coruña) ás 20:00 horas. O acto contará coa participación de Antón Santamarina, Xurxo Souto, Xosé Manuel García Crego e o propio Dionísio Pereira.

Crítica de Paula Fernández sobre «Marta ante o espello», de Teresa Calo Fontán

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe unha crítica de Paula Fernández sobre Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán, que se pode baixar en pdf e reproducimos a continuación: Dureza textual Para devolver o pensamento Marta ante o espello –de Teresa Calo Fontán, e publicado por Xerais na colección “Fóra de xogo”– constitúe un título que evoca unha das grandes obras da literatura universal e que presenta, ademai

Crítica de «Florentino, o príncipe Quino», de Gloria Sánchez, no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis inclúe unha recensión crítica sobre Florentino, o príncipe Quino, de Gloria Sánchez, ilustrado por Xan López Domínguez. Reproducímolo a continuación: Divertida “cochinada” a que propón Xerais con Florentino, o príncipe Quino de Gloria Sánchez con ilustracións de Xan López Domínguez.

Entrevista con Dionísio Pereira sobre «Loita de clases e respresión franquista no mar»

A raíz da presentación do libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira, La Voz de Galicia publicou onte unha entrevista co seu autor asinada por Manuel Beceiro.

A película «A casa da luz» baseada no libro do mesmo título de Xabier P. DoCampo bota andar por toda Galicia con pases privados

A película A casa da luz, baseada no libro do mesmo título de Xabier P. DoCampo, bota andar por toda Galicia con pases privados, segundo informou onte o xornal El Progreso nunha noticia asinada por Jaureguizar. O filme, que dirixiu o realizador Carlos Amil baseándose na novela homónima de DoCampo, é a primeira cinta galega con actores rodada para público infantil.

«Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)», de Dionisio Pereira, a clarificadora investigación dunha parte fundamental da nosa historia

Onte presentouse na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira, acto no que participaron Lourenzo Fernández Prieto, Manuel Bragado e o propio Dionísio Pereira. A noticia está amplamente recollida na prensa, tanto en Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Xornal de Galicia e La Voz de Galicia.

«O pintor do sombreiro de malvas», de Marcos Calveiro, seleccionado nos White Ravens 2011

O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo foi seleccionado para a exposición The White Ravens 2011.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero

Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novonoites unha recensión crítica sobre Aníbal Otero. LingLingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero. Reproducímola integramente: Aníbal Otero…«anucíuse de tristura e señerdade» Dá cumprida noticia da vida de Aníbal Otero (1911 – 1974) este libro de Xesús Alonso Montero.

Fran Alonso converte a poesía nun xogo: entrevista co autor de «O meu gato é un poeta» en Radiofusión

Radiofusión, as Emisoras Municipais Galegas, realizou onte unha entrevista a Fran Alonso con motivo da publicación do seu libro O meu gato é un poeta, entrevista que abre na web da cadea de emisoras baixo o título de «Fran Alonso converte a poesía nun xogo». A entrevista, que pode escoitarse en mp3, aborda a realización do libro, do disco e da web do libro que o autor vigués publicada na colección Sopa de Libros.

«Modesta proposición e outros ensaios», de Lois Pereiro, novidade do mes de marzo

O libro Modesta proposición e outros ensaios, de Lois Pereiro é unha das novidades de Xerais do mes de marzo. Este libro se une aos outros dous, xa publicados, sobre o autor das Letras Galegas 2011.