Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2011

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo luns en Lugo

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo luns en Lugo

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo luns 28 en Lugo. O acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüísitica, terá lugar ás 20,00 horas no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra (Rúa Quiroga Ballesteros, 1) e contará coa participación do autor e da escritora Marica Campo.

Crítica de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre novela «Bilbao-New York-Bilbao», de Kirmen Uribe

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre a novela Bilbao-New York-Bilbao, de Kirmen Uribe, novela gañadora do último Premio Nacional de Narrativa 2009, do Premio da Crítica 2008, do Premio da Fundación Ramón Ruibal 2008 e do Premio do Gremio de Libreiros de Euskadi 2009.A maiores, nos últimos días, X. M. Eyré realizou no seu blog algunhas anotacións sobre a lectura da novela.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Poesía completa» de Lois Pereiro e «Lois Pereiro, náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

O crítico Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, unha recensión crítica sobre Poesía completa de Lois Pereiro, en edición de Ana Acuña, e sobre Lois Pereiro, náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro. A recensión pode lerse tamén no seu blog.

Crónica de H. Pena sobre dous dos libros de Xerais en torno a Lois Pereiro: a «Poesía completa» e «Lois Pereiro, náufrago do paraíso»

O Xornal de Galicia publicou unha crónica de H. Pena sobre dous dos libros que Xerais en torno a Lois Pereiro: a Poesía completa, en edición de Ana Acuña, e Lois Pereiro, náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro, publicado en Fóra de Xogo. A maiores, nos próximos días distribuirase nas librerías a obra ensaística de Lois Pereiro baixo o título Modesta proposición e outros ensaios e, posteriormente, a biografía Lois Pereiro.

«Aínda hoxe un home cun comportamento nefasto cara á súa familia pode ser moi ben considerado a nivel público» di M. X. Queizán arredor do seu libro «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial»

A xornalista M. Dopico dedicoulle esta fin de semana no xornal Galicia Hoxe unha crónica ao libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán, así como a súa autora.

«Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans, novidade do mes de marzo

O libro Chegamos despois a unha terra grisi, de Raúl Dans é unha das novidades de Xerais do mes de marzo. Trátase do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2010, que Xerais coedita con AGADIC.

Presentación de «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo, en Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais de Galicia presentarán  o vindeiro xoves 24 o libro de relatos As palabras que move o mar, de Xaime Toxo.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novenoites unha recensión sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos. Reproducímola integramente: Desmitificación das misións humanitarias Xesús Manuel Marcos, o autor desta novela, O bebedor de rakia,  semella ter unha manifesta querenza polos personaxes perdedores.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha recensión sobre As palabras que move o mar, de Xaime Toxo.

Artigo de opinión de Alfredo Conde sobre «Xuvia-Neda», de Vicente Araguas

O escritor Alfredo Conde dedicoulle a súa columna de onte en El Correo Gallego ao libro Xuvia-Neda, de Vicente Araguas. Reproducímolo integramente: Xuvia-Neda ÁS VECES fálolles de libros. Hoxe tamén. O que dixemos onte verbo das comidas, dos sabores que as definen, dos arrecendos que liberan e de cómo, todo elo conxuntado, fai de nós a xentiña que somos, sen remedio, todo elo, é aplicable ós nosos libros.

«A Ribeira Sacra. Guía Práctica», de Manuel Garrido, en Galicia Hoxe e El Correo Gallego

A guía de vixe sobre a Ribeira Sacra, A Ribeira Sacra. Guía Práctica, escrita por Manuel Garrido, ocupou onte a atención dos xornais Galicia Hoxe e El Correo Gallego. A información de El Correo Gallego pode descargarse en pdf.

Presentación de «Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)», de Dionisio Pereira, o vindeiro martes en Santiago

O próximo martes o martes, 22 de marzo Xerais, conxuntamente co proxecto interuniversitario Nomes e Voces e a Libraría Couceiro, presentará o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira, que se celebrará ás 20,00 horas, na Libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, en Santiago de Compostela.