Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2011

Crítica de Paula Fernández sobre «Verbas de sal» de Antonio García Teijeiro

Crítica de Paula Fernández sobre «Verbas de sal» de Antonio García Teijeiro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe unha recensión crítica de Paula Fernández sobre Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Cara B», de Ignacio Silva

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Cara B», de Ignacio Silva

Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Cara B, de Ignacio Silva.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

Crítica de Ramón Nicolás sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

O xornal La Voz de Galicia publicou onte, na sección «Recomendacións», unha pequena recensión crítica de Ramón Nicolás sobre o libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. A crítica pode baixarse en pdf ou lerse no blog de Ramón Nicolás.

Crítica no blog Trafegando Ronseis da «Guía ilustrada da Galicia Invisible», de Antonio Reigosa

Crítica no blog Trafegando Ronseis da «Guía ilustrada da Galicia Invisible», de Antonio Reigosa

O blog Trafegando ronseis incluíu onte unha recensión crítica sobre Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López. Reproducímola a continuación: Un deses libros que desexas ter (que hai que ter) nos andeis da túa casa para ir de cando en vez ollalo, recrearse nas súas ilustracións e descubrir un novo lugar que seica estivo aí aínda que xa non o poidamos ver.

«Agustín, a difícil sinxeleza», por Marica Campo

«Agustín, a difícil sinxeleza», por Marica Campo

A escritora Marica Campo publicou, a pasada fin de semana, un artigo en El Progreso sobre Agustín Fernández Paz baixo o título «Agustín, a difícil sinxeleza».

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres 11 en Padrón

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 11 de marzo en Padron. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá Sara Seco, e así como o propio autor. Terá lugar ás 20,30 horas na Casa do Patín, Porto Fondo da Vila, 4 de Padrón.

Presentación de «Anibal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, este xoves na Estrada

O libro Anibal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, será presentado este xoves na Estrada.

Artigo de Franco Grande sobre «Anibal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero

Xosé Luis Franco Grande publica en La Voz de Galicia un artigo en torno ao libro Anibal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero. Reproducímolo integramente: O caso Aníbal Otero O caso da prisión e condena do lingüista Aníbal Otero (1911-1974) é unha das páxinas máis abraiantes, miserables e mesmo arrepiantes da represión franquista.

«A princesa Sabela», de Cornelia Funke, novidade do mes de marzo

O álbum A princesa Sabela, da escritora alemana Cornelia Funke (da que Xerais publicou recentemente Reckless), ilustrado por Kerstin Meyer e en tradución de María Xesús Bello Rivas, é unha das novidades de Xerais do mes de marzo. Que aburrido é ser unha princesa! Sabela está farta de que llo dean todo feio, de ter que sorrir decote e vestir roupas bonitas e súper limpas.

Presentación de «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki, o próximo venres 11 en Vigo

A Casa do Libro de Vigo acollerá o venres 11 de marzo a presentación da novela Fundación Libélula da escritora Yashmina Shawki. O acto, que contará coa participación de María Xosé Queizán, Manuel Bragado e Yashmina Shawaki, terá lugar ás 19,45 horas na Casa do Libro (rúa Velázquez Moreno, 27).

Finalistas dos Premios AELG 2011

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados. Blog Literario 1.

Xa se pode descargar o primeiro capítulo de «Resurrección», de Lea Tobery

Desde hoxe, pódese descargar o primeiro capítulo da novela Resurrección, de Lea Tobery, que Xerais publicará en galego simultaneamente a que o faga Ediciones B en castelán. A novela da autora de Alburquerque chegará ás librerías en dúas semanas. Resurrección conta a historia de Emma, que aos seus dezasete anos, viviu unha experiencia próxima á morte.