Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2011

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, finalista do Premio de Novela Europea Casino de Santiago

A última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, foi elixida onte entre as cinco novelas finalistas do Premio de Novela Europea Casino de Santiago. Xunto coa obra de Manuel  Rivas,  as outras novelas seleccionadas foron foron da irlandesa Emma Donoghue, do holandés Herman Koch, do asturiano Menéndez Salmón e do italiano Gianrico Carofiglio. Todas elas foron publicadas durante o ano 2010.

Crítica no blog Trafegando Ronseis de «Verbas de sal» de Antonio García Teijeiro

O blog Trafegando ronseis inclúe unha recensión crítica sobre Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Alberto Vazquez, Reproducímola a continuación: Un libro de sal, de poesía, de esperanza, de sorrisos, de libros, de dozura, de soidade, de enigma, de fantasía, de mar… Así é Verbas de sal de Antonio García Teijeiro publicado por Xerais con ilustracións de Alberto Vázquez. Encantoume.

«O misterio das baladadas», de Xabier P. DoCampo, novidade do mes de marzo

O libro O misterio das baladadas, de Xabier P. DoCampo, é unha das novidades do mes de marzo na colección Merlín. Trátase do primeiro libro publicado por Xabier P. Docampo (1986) e co que este autor se deu a coñecer, obra que aogra Xerais recupera para o s lectores e lectoras. Está ilustrado por Xosé Cobas. No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo.

Crítica de María Navarro sobre «Macarrón de narices», de Xoán Babarro González

O suplemento literario Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe hoxe unha crítica de María Navarro sobre Macarrón de narices, de Xoán Babarro González, que reproducimos: Un conto é un conto Cando reina a imaxinación Coa sentenza “Un conto é un conto” remata Xoán Babarro González a súa narración que en forma de historia publica na colección“Merlín”de Edicións Xerais de Galicia baixo o título Macarrón de narices

Crítica de Laura Caveiro sobre «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki

O suplemento literario Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe hoxe unha crítica de Laura Caveiro sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki, que reproducimos: Lonxe do camiño de rosas Que non decidan os outros As libélulas florecen e voan sen medo coa calor primaveral, tralas inclemencias da invernía.

«Ti non xogas!», de Silvestre Gómez Xurxo, novidade do mes de marzo

O libro Ti non xogas!, de Silvestre Gómez Xurxo é unha das novidades dos mes de marzo na colección Merlín. O libro esetá ilustrado por Anxo Fariña. Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado.

Crítica de Lorena Domínguez Mallo sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

O portal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica hoxe unha recensión crítica de Lorena Domínguez Mallo sobre a obra Periferia, de Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de Novela 2010. Reproducímola a continuación: Plano favela Obra gañadora do Premio Xerais de novela 2010, a forza e a intensidade da prosa que flúe nestas páxinas reborda os sentidos.

«Cara B», de Ignacio Silva; primeiras impresións de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog un post onde adianta as súas impresións de lectura sobre Cara B, de Ignacio Silva. Reproducímolo a continuación: Dos tres traballos de Ignacio Silva xa lin o primeiro, “Cela aberta”. “Cela aberta” non chega nin a novela breve, podería ser micronovela ou un relato longo.

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, novidade do mes de marzo

O libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, acompañado dun CD con música de Xurxo Souto e poemas recitados por Fran Alonso, integramente ilustrado e deseñado polo propio autor a partir de caracteres tipográficos, é unha das novidades do mes de marzo na colección Sopa de Libros. A través dos enredos dun gato poeta, descubrimos outro xeito de ollar a poesía: como algo lúdico, divertido, desmitificado.

«Todo é silencio», segunda edición

Agotados os 12.000 exemplares da primeira edición, comeza a chegar ás librarías exemplares da segunda edición de Todo é silencio de Manuel Rivas. Até agora, Todo é silencio foi recoñecida cos Premio de Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos de 2010 e á mellor portada de adultos.

“Todo é silencio” de Manuel Rivas será publicada en inglés e francés

Todo é silencio, a máis recente novela de Manuel Rivas,  será publicada en francés pola editorial Gallimard e en inglés por Harvill Secker, selo de Random House. Nesta mesma editorial publicouse, no pasado mes de febreiro, a edición de peto d´ Os libros arden mal ( Books Burn Badly) na Colección Vintage, logo da gran acollida da edición en tapa dura aparecida hai un ano.

Recensión crítica sobre «Verbas de sal», de Antonio García Teijeiro

O crítico Ramón Nicolás publicou onte en La Voz de Galicia unha pequena recensión sobre Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro, na sección «Recomendacións». Unha parabola da soidade Edicións Xerais de Galicia (ilustracións de Alberto Vázquez).