Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2011

Crítica sobre «Exogamia 0.3», de Ramón Caride, no Atlántico Diario

O Atlántico Diario publicaba a pasada semana unha pequena valoración crítica sobre Exogamia 0.3, de Ramón Caride. Reproducímola integramente: En Edicións Xerais de Galicia, 89 páxinas.

Segunda entrega de «Dragal», de Elena Gallego Abad: A fantástica historia da J.K. Rowling galega

O Xornal de Galicia publicou este domingo, no suplemento Contexto, unha longa reportaxe a dúas páxina de Héctor J. Pena sobre a publicación de Dragal II. A metamorfose do dragón, de Elena Gallego Abad. A reportaxe pode ser descargada nestes dous pdf. Tamén a reproducimos integramente: A fantástica historia da J.K.

Agustín Fernández Paz, o primeiro galego incluído na antoloxía Best European Fiction 2012

Tal e como informaron diversos medios de comunicación, Agustín Fernández Paz é o primeiro autor galego que vai ser incluído na antoloxía Best European Fiction 2012, que edita a editorial Dalkey Archive Press. Agustín formará parte da antoloxía, que é responsabilidade de Aleksandar Hemon, co relato «Esta estraña lucidez», que forma parte do libro O único que queda é o amor.

«Recendos do aire sonoro», de Antonio García Teijeiro: un libro para ler cos cinco sentidos

«Recendos do aire sonoro», de Antonio García Teijeiro: un libro para ler cos cinco sentidos

O Xornal de Galicia deu conta o día do libro da saída de Recendos do aire sonoro, de Antonio García Teijeiro. Reproducimos a información: Recendos de aire sonoro Antonio García Teijeiro escribe un libro para ler cos cinco sentidos En Recendos de aire sonoro, as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos.

«Resurrección», de Lea Tobery: letras en clave de vida

O Xornal de Galicia deu conta o día do libro da saída de Resurección, de Lea Tobery. Reproducimos a información: Letras en clave de vida Lea Tobery lanza en Resurrección (Xerais) unha mensaxe de superación “Morta e viva asemade. Tiven que morrer para coñecelo… Para descubrir o que é o amor verdadeiro. Para sentir que todo, ao final, si ten un sentido”.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Exogamia 0.3», de Ramón Caride

Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novenoites unha recensión sobre Exogamia 0.3, de Ramón Caride. Reproducímola integramente: Exogamia 0.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Modesta proposición e outros ensaios», de Lois Pereiro

Armando Requeixo publica no seu blog Criticalia unha recensión sobre Modesta proposición e outros ensaios, de Lois Pereiro. Reproducímola integramente: A Modest Proposal Moito –e ben– anda a falarse sobre o Lois Pereiro poeta estes días. Mais non é tanta a atención que está a merecer a súa faceta ensaística, que, ao meu ver, non desmerece en absoluto da dimensión creadora.

Entrevista a Elena Gallego sobre «Dragal II. A metamorfose do dragón»: a alquimia do imaxinario galego

Galiciaé publicou a pasada semana unha entrevista con Elena Gallego con motivo da publicación do segundo libro de Dragal (a metamorfose do dragón). Reproducímola integramente: Elena Gallego: «Quería facer unha novela que afondase nas raíces galegas e que xogase coa maxia e a alquimia que agochan» A continuación da historia de Dragal, o último dragón galego, chega ás librarías co segundo tomo da triloxía.

Crítica de Lorena Domínguez Mallo sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

Lorena Domínguez Mallo publica en LG3, o soportal da literatura do Consello da Cultura Galega, unha recensión crítica sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos.

Crítica de Armando Requeixo sobre «O misterio das badaladas», de Xabier P. DoCampo

No seu blog Criticalia, Armando Requeixo publica unha recensión sobre O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo. Reproducímola integramente: O misterio de Xabier P. DoCampo Cando hai agora un cuarto de século Xavier P. Docampo publicaba O misterio das badaladas acometía a proeza do pioneiro que se interna en terra incógnita, descoñecedor das dificultades que ha de superar.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial», de María Xosé Queizán

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión sobre Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán. Reproducimos os principais parágrafos: Bo estudo sobre un mito universal A figura do doutor Frankenstein e a súa criatura convertéronse por mor do cine nun dos mitos da cultura contemporánea.

Artigo de Daniel Ameixeiro sobre o «Dicionario dos seres míticos» en Redelibros

O escritor Daniel Ameixeiro publicou en Redelibros un longo artigo sobre a xeografía do imaxinario colectivo galego a partir do Dicionario dos seres míticos galegos, de Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda.