Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2011

«Terra de Soneira no corazon da Costa da Morte», presentado en Camariñas

Tal e como recolleu La Voz de Galicia, o libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte foi presentado en Camariñas o sábado 16 de abrilno Centro Cultural Casa da Pedra. O acto contou coa participación de Manuel Bragado (Director de Xerais), Manuel Valeriano Alonso de León (alcalde de Camariñas)  e os autores.

Entrevista de Lupe Gómez a Fran Alonso sobre «O meu gato é un poeta»

Reproducimos a entrevista que Lupe Gómez lle fixo a Fran Alonso o pasado 16 de abril no Galicia Hoxe con motivo da publicación de O meu gato é un poeta. A serenidade vixiante O escritor Fran Alonso publica en Xerais o libro O meu gato é un poeta, que inclúe CE e clave de acceso á web, para darlle un novo enfoque á poesía infantoxuvenil É autor de libros como O brillo dos elefantes ou Males de cabeza.

Fina Casalderrey contará contos e asinará libros o xoves 28 na librería Bule Bule de Marín

A escritora Fina Casalderrey estará o xoves 28 de abril, a partir das 19,00 horas na librería Bule Bule de Marín, contando contos e asinando libros, nun acto coorganizado pola devandita librería, o Concello de Marín e Xerais. O enderezo da librería é Avenida Jaime Janer, 25.

«Lois Pereiro. Vida e obra», de Iago Martínez, a biografía de referencia sobre Lois Pereiro

«Lois Pereiro. Vida e obra», de Iago Martínez, a biografía de referencia sobre Lois Pereiro

O Xornal de Galicia informa hoxe da chegada ás librerías de Lois Pereiro. Vida e obra, de Iago Martínez.

Palabras de Luis Eduardo Aute sobre «Recendo de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

Palabras de Luis Eduardo Aute sobre «Recendo de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

Luis Eduardo Aute tamén estivo presente na presentación de Recendos de aire sonoro, aínda que fose de palabra. O cantautor enviou un texto sobre o libro de Antonio García Teijeiro que se leu na presentación e que reproducimos a continuación: Estos Recendos de aire sonoro son una desbordante, irrefutable, apasionada declaración de amor a la MÚSICA con Mayúscula.

Crítica de Alfredo Iglesias Diéguez sobre «A agonía do león», de Carlos Reigosa

Crítica de Alfredo Iglesias Diéguez sobre «A agonía do león», de Carlos Reigosa

No suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicouse onte unha recensión de Alfredo Iglesias Diéguez sobre A agonía do león, de Carlos Reigosa. Reproducímola integramente.

«Lois Pereiro. Vida e obra», de Iago Martínez, novidade do mes de abril

O libro Lois Pereiro. Vida e obra, unha biografía literaria escrita polo xornalista Iago Martínez é unha das novidades do mes de abril. Lois Pereiro (1958-1996) foise antes de tempo, aos 38 anos. Prometérao na súa adolescencia: «Quero escribir un libro e morrer novo, como Manuel Antonio.» Ao final escribiu máis dun.

Entrevista con Xosé Manuel Pacho Blanco, gañador do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

O xornal Galicia Hoxe publica unha entrevista de Marga Tojo con Xosé Manuel Pacho Blanco, gañador do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico con Paraísos, que publicará Xerais a principios de maio. Reproducímola integramente: Xosé Manuel Pacho Blanco: «Na cultura galega hai moita autocensura» “Unha aposta a cabalo perdedor” é o Paraíso de Xosé Manuel Pacho Blanco.

Olivia Rodríguez fai un repaso das letras galegas do 2010 na revista Ínsula

Olivia Rodríguez fai un repaso das letras galegas do 2010 na revista Ínsula

A revista Ínsula do mes de marzo inclúe unha longa recensión crítica de Olivia Rodríguez sobre os libros publicados en galego no 2010. Nela, refírese moi eloxiosamente a Xuvia-Neda, de Vicente Araguas; o Coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre; e Luz de tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz. De xeito demorado, destaca Todo é silencio, de Manuel Rivas, ao que se refire como un libro «dificilmente imitable».

Crítica de Dolores Martínez Torres sobre «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

Crítica de Dolores Martínez Torres sobre «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

No suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publíase hoxe unha recensión de Dolores Martínez Torres sobre As palabras que move o mar, de Xaime Toxo. Reproducímola integramente.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «A agonía do león», de Carlos Reigosa

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «A agonía do león», de Carlos Reigosa

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica hoxe no seu blog Novenoites unha recensión sobre A agonía do león, de Carlos Reigosa. Reproducímola integramente: Dese labrego camuflado de cidadán do mundo que di ser Carlos G. Reigosa, chéganos arestora, quince anos despois da edición orixinal en castelán, a versión galega, que Xerais publica baixo o título A agonía do león. Esperanza e traxedia dos escapados.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica unha recensión sobre Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro, no seu blog Bouvard e Pécuchet. Reproducímola integramente: Poesía desde cativos Nos plans de estudos a literatura e sobre todo a poesía ocupan cada vez menos tempo e espazo.