Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2011

Hoxe impónselle a Insignia de Ouro da USC a Herminio Barreiro a título póstumo

Hoxe, nun acto que se celebrará no Salón Nobre da Universidade de Santiago de Compostela, imporáselle a Insignia de Ouro da USC a Herminio Barreiro a título póstumo, nun acto que terá lugar ás 11,30 da mañá. Pedadogo, membro do grupo Brais Pinto e autor do libro de memorias Recordar doe, publicado por Xerais, Herminio Barreiro foi un dos motores da renovación pedagóxica en Galicia.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra», de Gonzalo Amoedo López

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra», de Gonzalo Amoedo López

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica unha recensión sobre A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo López, no seu blog Bouvard e Pécuchet. Reproducímola integramente: Un libro para ler no aniversario da II República O día 14 deste mes celébrase o aniversario da proclamación da II República.

«Terra de Soneira», presentación en Camariñas o próximo sábado 16

«Terra de Soneira», presentación en Camariñas o próximo sábado 16

O próximo sábado 16 de abril, ás 12 horas, terá lugar no Centro Cultural Casa da Pedra (Avda da Coruña, 5), en Camariñas, a presentación do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.

Presentación de «En Castellano no hai problema», o sábado 16, en Campos (Palma de Mallorca)

Presentación de «En Castellano no hai problema», o sábado 16, en Campos (Palma de Mallorca)

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo sábado 16 de abril, ás 17:00 horas, na localidade de Campos, en Palma de Mallorca. O acto está organizado por Acampallengua e Joves de Mallorca per la Llengua.

«Andanzas de Xan Farrapeiro», de Ramón Caride, Premio Frei Martín Sarmiento

O libro Andanzas de Xan Farrapeiro, de Ramón Caride, foi proclamado a semana pasada gañador do Premio Frei Martín Sarmiento na segunda categoría (3º e 4º de Educación Primaria). O certame celebra este ano a súa sétima edición e ten a particularidade de que son os propios alumnos e alumnas quen escolles, a través do seu voto, as obras gañadoras.

«Non hai noite tan longa», a primeira novela de Agustín Fernández Paz dirixida ao público adulto

«Non hai noite tan longa», a primeira novela de Agustín Fernández Paz dirixida ao público adulto

O Xornal de Galicia recolle unha noticia asinada por Iago Martínez sobre a saída, o próximo mes de Non hai noite tan longa, a primeira novela de Agustín Fernández Paz dirixida ao público adulto: Agustín Fernández Paz debuta por segunda vez Xerais ultima a edición de Non hai noite tan longa, a primeira novela do Premio Nacional vilalbés dirixida ao público adulto O titular engana. Din que é o abecé deste oficio.

O libro «Aníbal Otero», de Xesús Alonso Montero recolle a biografía, tronzada polo fascismo, do piar da filoloxía moderna

O libro «Aníbal Otero», de Xesús Alonso Montero recolle a biografía, tronzada polo fascismo, do piar da filoloxía moderna

O xornal Galicia Hoxe publica unha noticia sobre a publicación de Aníbal Otero.

Reportaxe sobre «A agonía do león», de Carlos Reigosa, e os fuxidos galegos, pioneiros da resistencia antifranquista

O xornal El Mundo publicaba esta fin de semana unha longa reportaxe asinada por Montse Dopico sobre o libro A agonía do leon, de Carlos Reigosa, e apuntaba aos fuxidos galegos como pioneiros da resistencia antifranquista. Reproducimos os parágrafos iniciais da reportaxe. Pode lerse completa aquí. “En este libro no se dibuja el perfil de un héroe ni de un villano”.

Crítica de Vicente Araguas sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

Crítica de Vicente Araguas sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El ideal gallego, que reproducimos integramente: Estratexias gatunas Teño a teoría, e mira que admirei á Gloria Fuertes que escribía poemas “para maiores”, de que os poemas desta dona dirixidos (tamén en teoría) ao público infantil, dirixidos e espallados abondantemente entre

Presentación de «Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro, este mércores en Vigo

O libro Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro, será presentado este mércores na librería Librouro de Vigo a cargo do ilustrador Fino Lorenzo, do poeta Román Raña, así como de Paz Raña e Manuel Bragado. O acto terá lugar ás 20,00 horas na devandita librería (rúa Eduardo Iglesias, 12). Ao remate, Miguel Castro, tocará uns temas coa frauta.

Tintimán, o booktrailer

Crítica de Armando Requeixo sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

Crítica de Armando Requeixo sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O crítico Armando Requeixo publicou unha recensión sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos, nos xornais Diario de Ferrol e El Ideal Gallego, que extractamos.