Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2011

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

A Nosa Terra publica unha recensión crítica de Xosé Manuel Eyré sobre As palabras que move o mar, de Xaime Toxo. Reproducímola integramente: Xaime Toxo, vidas rotas, letras plenas As palabras que move o mar é un dique contra o que bate a marusía gris e invernal dos esquecementos. Lese na contracapa. Porque os catro relatos longos que integran o volume constitúen catro memorias, catro memorias rotas, catro memorias feridas.

Crítica de Xavier Castro Rodríguez sobre «Poesía completa», de Lois Pereiro

Xavier Castro Rodríguez publica no xornal Galicia Hoxe unha recensión sobre Poesía completa, de Lois Pereiro. Reproducímola integramente: Poemas da morte sobrevivida O nome deste 2011 é Lois Pereiro.

Homenaxe a Lois Pereiro no Incio

O 30 de abril, sábado, celebrarase un acto homenaxe ao recordo de Lois Pereiro no Incio. Un roteiro entre a casa dos avós paternos, en Reádigos, e a dos avos maternos en Santa Cristiña do Viso, un camiño que facía todos os veráns de neno e agora se repetirá con acompañamento musical e facendo algunha parada para ler textos da súa autoría, elixidos polos propios participantes.

Dionisio Pereira sobre «Loita de Clases e Represión Franquista no Mar»: «A patronal sempre tivo quen lle escribira»

A páxina Galicia Confidencial recolle unha extensa crónica sobre a presentación de Loita de Clases e Represión Franquista no Mar, de Dionisio Pereira, e inclúe un vídeo do acto: Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, o libro editado por Xerais mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende fina

«Cara B», de Ignacio Silva, en «Un libro para cada dia», de A Nosa Terra

O libro Cara B, de Ignacio Silva, ocupa hoxe o espazo «Un libro para cada dia», de A Nosa Terra. Reproducímolo a continuación: ‘Cela aberta’ mereceu o VII Premio Valle Inclán da Pobra do Caramiñal.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde a Antía Otero: «(Retro)visor busca ser escoitado como un monólogo íntimo»

Manuel Vidal Villaverde publica en Galicia Hoxe unha longa entrevista coa poeta Antía Otero. Reproducimos o parágrafo referido ao seu libro (Retro)visor.  A entrevista pode lerse enteira aquí. —Poesía, se che parece Antía. Teño diante de min Retro(visor), onde hai, ao meu ver, máis conxuga que mestura. Explico o significando máis que o  significado dos dous vocábulos.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Modesta proposición e outros ensaios», de Lois Pereiro

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Modesta proposición e outros ensaios», de Lois Pereiro

O crítico Ramón Nicolás publica unha recensión no seu blog sobre Modesta proposición e outros ensaios, de Lois Pereiro.

Crítica de Juan Romero sobre «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki

Crítica de Juan Romero sobre «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki

O profesor de Lingua e Literatura Españolas Juan Romero publica no seu blog unha recensión crítica sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki. Reproducímola integramente: Hoxe vou escribir algo dunha novela editada recentemente en galego e que non sei se aparecerá en castelán, aínda que penso que é probable, xa que a súa autora ten publicadas obras en ambos os dous idiomas.

O CEIP A Maia ponlle o nome de Agustín Fernández Paz á súa biblioteca

O CEIP A Maia, de Bertamiráns, Ames decidiu, hai uns meses, poñerlle o nome de Agustín Fernández Paz á súa biblioteca.

«A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda, novidade de Narrativa do mes de abril

A novela A veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda, Premio Terra de Melide 2010, é unha das novidades de Narrativa do mes de abril. Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy.

«Pereiro estaba á marxe do ruído do mundo, pero non da sociedade», asegura Ana Acuña a raíz da publicación da «Poesía completa»

«Pereiro estaba á marxe do ruído do mundo, pero non da sociedade», asegura a profesora Ana Acuña, responsable da edición da Poesía completa de Lois Pereiro, publicada por Xerais, nunha entrevista de Camilo Franco que sae hoxe en La Voz de Galicia.

Crítica de Marga Romero sobre «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial», de María Xosé Queizán

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha crítica de Marga Romero sobre Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán.