Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2011

Presentacións de «Xoa» e «Asasinato no Consello Nacional», hoxe na Feira do Libro de Ferrol

Esta tarde, no marco da Feira do Libro de Ferrol, serán presentados dous libros de Xerais, coa presenza dos seus autores e do editor Fran Alonso.Ás 19:00h terá lugar a presentación de Xoa, de Antonio Yáñez Casal, unha obra que foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil.

Svea Kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, unha novela negra para as novidades do mes de abril

A novela negra Svea Kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, é unha das novidades de Narrativa do mes de abril.

Fallado o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que Xerais publicará en maio

As obras gañadoras do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico fállonse onte en Santiago de Compostela e, como en anos anteriores, serán editadas por Xerais e presentadas o día 3 de maio no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O escritor Xosé Manuel Pacho Blanco gañou o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico nas súas dúas categorías, a do Xurado e a da Audiencia, coa obra titulada Paraísos.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro. Reproducimos os principais parágrafos: Guión axeitado Marcos Calveiro opta polo modelo do guión cinematográfico para ofrecernos unha introdución á vida e á obra de Lois Pereiro.

«Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán», novidade do mes de abril

O libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán é unha das novidades do mes de abril. Está coordinado por Manuel Forcadela e Camiño Noia. Cara a unha poética Feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán é unha sinxela contribución á grande homenaxe que, cremos, merecería a escritora e a cidadá María Xosé Queizán.

Teresa Moure na escaleira

A pasada fin de semana, a edición galega de El País publicou un perfíl de Teresa Moure feito por Consuelo Bautista con fotografía de Xurxo Lobato, que continúa a súa serie de retratos «Gallegos en la escalera». Pode lerse aquí.

Crónica de Mar Fernández Vázquez sobre «Reckless», de Cornelia Funke, na que recomenda a súa lectura

Crónica de Mar Fernández Vázquez sobre «Reckless», de Cornelia Funke, na que recomenda a súa lectura

Mar Fernández Vázquez publica hoxe en El Correo Gallego unha crónica sobre Reckless, de Cornelia Funke, na que recomenda a súa lectura. Pódese descargar en pdf.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

Crítica de Armando Requeixo sobre «Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

O crítico de Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión sobre Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro. Reproducímola integramente: Aire sonoro De entre os moitos paos literarios tocados por Antonio García Teijeiro o da poesía infantoxuvenil é, con seguranza, un daqueles nos que é máis adoito descubrilo.

Reportaxe de Iago Martínez sobre Xabier P. Docampo, que explica as orixes de «O misterio das badaladas»

Reportaxe de Iago Martínez sobre Xabier P. Docampo, que explica as orixes de «O misterio das badaladas»

O xornalista Iago Martínez publicou onte no Xornal de Galicia unha longa reportaxe sobre Xabier P. DoCampo, a estrea da película A casa da luz e a reedición de O misterio das baladalas. DoCampo conta as orixes da súa primeira novela.

A presentación da primeira novela de Manuel Rivas, rescatada da hemeroteca de El Ideal Gallego

O xornal El Ideal Gallego rescatou da súa hemeroteca, esta fin de semana, a foto da presentación, da primeira novela de Manuel Rivas, Todo ben, no Ateneo da Coruña, presentación na que participaron Xavier Seoane, Xosé Manuel Pereiro, Moncho Viñas e os xogadores do Deportivo Milos e Donowa. No acto, Rivas leu o «Manifesto por un fútbol atlántico» como unha reflexión irónica sobre o fútbol e a propia sociedade.

«Dragal II», de Elena Gallego, novidade do mes de abril

O libro Dragal II, de Elena Gallego, é unha das novidades do mes de abril na colección Fóra de Xogo. Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos.

Entrevista a Xabier P. Docampo pola estrea de «A casa da luz» e a reedición de «O misterio das badaladas»

O Diario de Arousa e o Diario de Ferrol publican unha entrevista con Xabier P. DoCampo asinada por X. Gómez, con motivo da estrea da película A casa da luz e da reedición de O misterio das baladalas. Reproducímola integramente: «A lectura serve para aprender a poñerlle nome aos sentimentos» O teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle esta tarde ás 17.