Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2011

Crítica de Armando Requeixo sobre «Palabras que move o mar», de Xaime Toxo

Crítica de Armando Requeixo sobre «Palabras que move o mar», de Xaime Toxo

O crítico Armando Requeixo publica unha recensión que viu a luz en El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa sobre As palabras que move o mar, de Xaime Toxo. Reproducímola integramente: Deserto sen nome Toxo, poeta, profesor e dinamizador cultural, acaba de publicar “As palabras que move o mar” (Xerais), o seu primeiro libro de narracións en galego.

Crítica en Trafegando ronseis sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

Crítica en Trafegando ronseis sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre a novela O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos. Reproducímola integramente: Guerra e violencia son as chaves de O bebedor de rakia de Xesús Manuel Marcos, publicado por Xerais. Violencia familiar antes da guerra, violencia en calquera guerra, violencia xerada pola guerra. Abatemento, frustración, soidade, horror.

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso: Poesía dos gatos para os nenos

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso: Poesía dos gatos para os nenos

O Xornal de Galicia publicou esta pasada fin de semana unha información asinada por A. M. sobre o libro O meu gato é un poeta de Fran Alonso. Reproducímola a continuación: Poesía dos gatos para os nenos O meu gato é un poeta é un libro ideado como se fose un xogo ou un obradoiro, que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «O vendedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

Crítica de Ramón Nicolás sobre «O vendedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O crítico Ramón Nicolás publicou este sábado no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, unha recensión de O vendedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos.

«Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras, elixido polos libreiros como Libro do ano

«Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras, elixido polos libreiros como Libro do ano

Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, recibiu o Premio ao Libro do ano, no marco dos XX Premios Irmandade do Libro que se celebraron en Narón na noite do pasado sábado e que concede a Federación de Libreiros de Galicia. Este galardón confirma a magnífica traxectoria que este libro de Diego Ameixeiras está a ter desde a súa saída ás librerías.

«Exogamia 0.3», de Ramón Caride, novidade do mes de abril

O libro Exogamia 0.3, de Ramón Caride, na colección Fóra de Xogo, é unha das novidades do mes de abril. John Brockman sostén que a ciencia é a única noticia, o único verdadeiramente novidoso que hai hoxe sobre a Terra. Na ciencia sempre hai algo novo: a internet, as células-nai, as vacinas contra a SIDA, as probas de ADN, os avances contra o alzhéimer, a loita contra o cambio climático.

«Aínda queda franquismo dabondo»: entrevista con Dionisio Pereira, autor de «Loita de clases e represión franquista no mar»

«Aínda queda franquismo dabondo»: entrevista con Dionisio Pereira, autor de «Loita de clases e represión franquista no mar»

O suplemento Luces, de El País, publica unha entrevisa de Óscar Iglesias con Dionisio Pereira sobre Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). Reproducímola integramente: Dionisio Pereira, historiador e economista «Aínda queda franquismo dabondo e determínanos politicamente» O Mar dos Galegos “dende e para a memoria dos vencidos”.

«Resurrección», de Lea Tobery, novidade do mes de abril

Resurrección, da escritor de Alburquerque Lea Tobery, é unha das novidades de Xerais neste mes de abril, en tradución de Ana Boullón. Hai pouco, Xerais puxo á disposición dos lectores e lectoras o primeiro capítulo da novela, que se pode baixar en pdf. “Morta e viva asemade. Tiven que morrer para coñecelo… Para descubrir o que é o amor verdadeiro. Para sentir que todo, ao final, si ten un sentido.