Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2011

«Un veciño cheo de sorpresas» de Víctor Raga, no Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura

O libro Un veciño cheo de sorpresas, de Víctor Raga, e pertencente á serie que publica Xerais O Club da Ciencia, será o que despida mañá venres en Gondomar a tempada do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans

O crítico Armando Requeixo publica hoxe no seu blog unha recensión sobre Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans, publicado na Biblioteca Dramática Galega. Reproducímola integramente: Familias grises A estas alturas, no mundo da dramaturxia galega o nome de Raúl Dans non necesita de presentación.

Crítica de Paula Fernández sobre «Amaranta, a carteira saramaganta», de Mau e Pin

Paula Fernández publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Amaranta, a carteira saramaganta, de Mau e Pin.

«A chamada da selva», de Jack London na sección Un libro para cada día de ANT

A chamada da selva, de Jack London, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra Aínda non sabes quen é o cadelo Buck? Redacción. Xerais reedita o clásico xuvenil de Jack London ‘A chamada da selva’, que conta a historia dos buscadores de ouro en Alaska a finais do século XIX. Aventuras contadas desde o punto de vista do can Buck.

«Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, novidade de Narrativa do mes de maio

Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, é unha das novidades do mes de maio na colección Narrativa. Un dedo manchado de tinta non é unha novela, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, ou polo menos non é unha novela ao uso, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón.

«Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, adianto en pdf e presentación en Compostela mañá xoves 26

Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, será presentada en Compostela mañá xoves 26, ás 21:00 horas, no Café Airas Nunes (rúa do Vilar 17). O acto  contará coa participación de Gracia Santorum, Manuel Bragado e Manuel Portas. A continuación actuará o Grupo Loaira (Clara, Roi e Rubén), que interpretará as pezas do disco que acompaña a novela.

Presentación de «Homenaxe a María Xosé Queizán. Cara a unha poética feminista», este venres 27 no Auditorio Mar de Vigo

Presentación de «Homenaxe a María Xosé Queizán. Cara a unha poética feminista», este venres 27 no Auditorio Mar de Vigo

O próximo venres 27 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo, na rúa Beiramar, a presentación do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán. O acto será presentado por Mónica Bar Cendón e intervirán Iolanda Veloso, Camiño Noia e a propia María Xosé Queizán.

Crítica de Armando Requeixo sobre «A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda

Crítica de Armando Requeixo sobre «A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda

Armando Requeixo publicou unha recensión crítica sobre A veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Reproducímola integramente: Galegos na pérfida Albión Unha atalaia privilexiada. Un miradoiro de excepción.

Vídeo sobre «Valados», unha obra de teatro de Artestudio baseada no libro homónimo de Agustín Fernández Paz

Reproducimos o vídeo de Valados, unha obra de teatro de Artestudio baseada no libro homónimo de Agustín Fernández Paz. Esta é a historia de Helena e Xoel.

Crítica de Vicente Araguas sobre «Poesía completa», de Lois Pereiro

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Poesía completa, de Lois Pereiro nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego. Reproducímola integramente: Poeta Pereiro completo Precedido dun prólogo de Ana Acuña –quen se fixo cargo da edición e das notas a pé de páxina–, tan discreto e serio como a prologuista é –e semella–, aparece un volumen con todos os poemas de Lois Pereiro.

Entrevista de Sandra Faginas con Agustín Fernández Paz por «Non hai noite tan longa»

Entrevista de Sandra Faginas con Agustín Fernández Paz por «Non hai noite tan longa»

Sandra Faginas publicou no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, unha entrevista con Agustín Fernández Paz con motivo da publicación de Non hai noite tan longa. Reproducímola integramente: Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) detense a explicar con detalle a construción da súa última novela Non hai noite tan longa. É un autor de oficio, fai e refai, traballa nunha idea ata que finalmente consegue o resultado que desexa.

«Poderosa 3», de Sergio Klein e «Marta ante o espello», de Tesa Calo Fontán, lecturas en Fóra de Xogo para o mes de maio

Ada Casa Grande publicou en El Correo Gallego unha recensión sobre Poderosa 3, de Sérgio Klein e Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán.