Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2011

Crítica de Gustavo Hervella sobre «Loita de clases e represeión franquista no mar», de Dionisio Pereira

Crítica de Gustavo Hervella sobre «Loita de clases e represeión franquista no mar», de Dionisio Pereira

O soportal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica unha recensión de Gustavo Hervella sobre Loita de Clases e Represión Franquista no Mar, de Dionisio Pereira.

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» en Gondomar o próximo sábado, con Fran Alonso e Xurxo Souto

O próximo sábado 7 de maio, ás 12,00 horas da mañá, a librería Libraida de Gondomar acollerá o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén, por suposto, a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón.

«Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia», de Francisco Calo, Premio Losada Diéguez de ensaio e investigación

O xurado da XXVI edición do Premio Antón Losada Diéguez outorgou o galardón, na modalidade de investigación e ensaio, á obra Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia de Francisco Calo Lourido.

Presentación de «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial», de María Xosé Queizán, o próximo vernes 6 en Vigo

O próximo venres 6 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar na Casa do Libro de Vigo (rúa Velázquez Moreno, 27), a presentación do libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, da escritora María Xosé Queizán. O acto O acto contará coa participación de Iolanda Veloso, Mónica Bar, o editor Fran Alonso e a propia autora, María Xosé Queizán.

«Florentino, o príncipe Quino», de Gloria Sánchez, na sección Un libro para cada día

Florentino, o príncipe Quino, de Gloria Sánchez, aparece  hoxe sección «Un libro para cada día», de A Nosa Terra. Reproducímolo integramente: Gloria Sánchez e o príncipe marrau Redacción .  ‘Florentino, o príncipe Quino’, de Gloria Sánchez, con ilustracións de Xan López Domínguez, é un conto moi porco con algunhas moscas convidadas. Edita Xerais.

Entrevista de Mar Mato con Marcos Calveiro: «Eu non escribo no folio en branco para sufrir senon para divertirme»

A xornalista Mar Mato publica hoxe no Faro de Vigo unha entrevista con Marcos Calveiro, gañador esta fin de semana do Premio AELG na categoría Infantil e Xuvenil polo seu libro O pintor do sombreiro de Malvas. Na entrevista fálase tamén de Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, a biografía que Marcos acaba de publicar na colección Fóra de Xogo.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Poesía completa», de Lois Pereiro, en edición de Ana Acuña

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión sobre Poesía completa, de Lois Pereiro, en edición de Ana Acuña. Reproducímola integramente: A poesia enteira de Lois Pereiro Grazas a este volume pulcramente ordentado e editado por Ana Acuña o lector e ata o estudoso poden acceder de xeito doado e mais eficaz a totalidade da obra poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras.

«As palabras que move o mar», de Xaime Toxo, mememoria e identidade

O Xornal de Galicia incluíu esta fin de semana unha información sobre As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, que reproducimos integramente: As palabras que move o mar son catro relatos longos que teñen como fío condutor a memoria e a construción da identidade alicerzada neses recordos que permanecen imborrables na vida dos seres humanos ao longo de toda a súa vida.

«Todo é silencio», «O pintor do sombreiro de Malvas» e «Randea do alento», Premios AELG

O sábado pola noite falláronse en Santiago de Compostela os Premios AELG, concedidos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. En libros de Xerais recaeron os galardóns de tres das categorías. Na categoría de Narrativa, o premio foi para Todo é silencio, de Manuel Rivas. Na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil o premio foi para O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro.

Presentación de «Svea Kött (Carne Sueca)», o próximo venres 6 en Cambados

O próximo venres 6 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar nas Adegas Martín Códax (Burgáns, 91 Vilariño) de Cambados a presentación do libro Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo. O acto contará coa participación de Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado e o propio Domingo Tabuyo.