Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2011

Mercedes Cerdeiras recomenta «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, na páxina infantil da CRTVG

Mercedes Cerdeiras, responsable da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña, recomenda na sección infantil da páxina web da CRTVG, auspiciada por GALIX, o libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. Reproducimos a súa recomendación: O gato de Fran Alonso é poeta, un poeta 2.

«Peaxes», de Santiago Lopo, pechou onte a tempada do club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura

A novela Peaxes, de Santiago Lopo, pechou onte a última sesión desta tempada do club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, en Gondomar. O acto, que contou coa presenza do autor, desenvolveuse a partir das 20,00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Peaxes da conta ollada sobre os demais que lanza o cobrador da peaxe dunha autoestrada.

«En castellano no hay problema», de Carlos Callón, presentación hoxe en Pasaia (País Vasco)

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado esta tarde en Pasaia (País Vasco) nun acto organizado polo Fato Daniel Castelao na comarca de Oarsoaldea. O evento desenvolverase na sala da Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe, pertencente ao concello de Pasaia, situada na rúa Euskadi Etorbidea s/n (Azoka).

Artigo de Lupe Gómez sobre «Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

A escritora e xornalista Lupe Gómez publicou un artigo no Galicia Hoxe sobre Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro. Reproducímolo integramente: Hai, en tendas de antigüidades, verdadeiras cousas doutro tempo que nos fan soñar con momentos únicos. Hai gramófonos que teñen vida propia na noite romántica das cidades.

«Despois da medianoite», de Salma: un descubrimento

«Despois da medianoite», de Salma: un descubrimento

O Atlántico Diario publicou unha pequena recensión sobre a novela Despois da medianoite, da escritora india Salma. Reproducímola a continuación: En Edicións Xerais de Galicia, 650 páxinas. Salma (1970) é una das máis notábeis eseritoras támiles da actual literatura india. María Reimóndez, con esta tradución fai unha extraordinaria achega, traducindo a Kalachuvadu Parthippagam, cuxo heterónimo necesario é Salma.

O retorno ao fogar: crítica sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

O retorno ao fogar: crítica sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

O Diario de Pontevedra publicou esta fin de semana unha longa información sobre Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, asinada por Ramón Rozas. Reproducímolo integramente e tamén pode descargarse en pdf: O retorno ao fogar. A volta a un mesmo Non hai noite tan longa é a última novela de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), unha extraordinaria obra que volta a mirada á grande literatura.

Crítica de Ramón Nicolás sobre Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión de Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial.

Unha semana de Salma en Galicia presentando «Despois da medianoite»

Unha semana de Salma en Galicia presentando «Despois da medianoite»

Ramón Nicolás publica no seu blog un post valorativo da estadía de Salma en Galicia. Reproducímolo integramente: Resultoume unha experiencia moi grata,  e mesmo emotiva,  poder coñecer á autora támil Rokkiah, que adoptou o nome literario de Salma.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde a Domingo Tabuyo, autor de «Svea Kött (carne sueca)»

Manuel Vidal Villaverde publica no xornal Galicia Hoxe unha entrevista con Domingo Tabuyo, autor da novela Svea Kött (carne sueca).

Xerais editará o primeiro libro sobre o Novo Cinema Galego

Reproducimos a información de Iago Martínez que publica hoxe Xornal de Galicia: Xerais editará o primeiro libro sobre o Novo Cinema Galego O volume combinará entrevistas con algúns dos creadores cunha análise do fenómeno Os autores intelectuais do Novo Cinema Galego, en tanto etiqueta, a medio camiño entre o activismo e o exercicio crítico, preparan xa a primeira monografía dedicada ao fenómeno.

«Tucho Despistes», de Ana Santiso, novidade da colección Merliño do mes de xuño

Tucho Despistes, de Ana Santiso, é unha das novidades da colección Merliño do mes de xuño. Tucho Despistes sempre anda despistado, fai os recados mal, perde as cousas e non sabe onde as deixa… A súa nai enfádase cada vez que se confunde e a el dálle medo, pero tamén rabia e pena. Coa axuda do peixe Pirucho, da Monstra Pena, da Monstra Rabia e do Monstro Medo, todo cambiará.

Finalistas dos Premios Xerais 2011

Reunidos hoxe 3 de xuño de 2011 no Castelo de Soutomaior, os xurados dos Premios Xerais 2011 elixiron os finalistas de cada unha das modalidades. O xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.