Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2011

Entrevista con X. L. Méndez Ferrín: «non quixen facer unha edición completa da miña poesía porque creo que aínda non está completa»

Mar Mato publicou onte en Faro de Vigo unha entrevista con X. L. Méndez Ferrín, a raíz da tradución da súa obra poética fundamental ao castelán. Reproducímola integramente: «Me gustaría soñar que escribo alguno de los poemas de Antonio Gamoneda» La editorial Calambur traduce al castellano poemarios del presidente de la Academia Galega Nació en 1938.

«Que lle podo ofrecer a quen me intente?», en Atlántico Diario

O Atlántico Diario publica unha breve recensión de Que lle podo ofrecer a quen me intente?, coordinado por Anxo Angueira e Teresa Bermúdez: En Xerais / Universidade de Vigo, 170. Este monográfico “Que lle podo ofrecer a quen me intente?” é un estupendo e variado estudo coordinado polos profesores Anxo Angueira e Teresa Bermúdez, do Grupo de Análise e Estudo da Literatura e Tradutoloxía, GAELT.

Paco Martín, homenaxeado pola AELG

O sábado celebrouse en Lugo a homenaxe que a AELG lle rendeu a Paco Martín, a XVII edición de O Escritor na súa Terra. Iago Martínez, no Xornal de Galicia, fai memoria da traxectoria de Paco Martín e inclúe tamén unha entrevista de Alberto Ramos co autor lugués.

Reportaxe de Mar Mato sobre «Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

Mar Mato publicou en Faro de Vigo unha reportaxe sobre Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo» de Xesús Alonso Montero

Ramón Nicolás publicou a pasada fin de semana nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia, unha recensión do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero.

Crítica sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, en Trafegando ronseis

Crítica sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz. Creo que a estas alturas, media Galicia, senón Galicia enteira, ten lido xa este libro de Agustín Fernández Paz, Non hai noite tan longa, publicado por Xerais. Porque falar de Agustín é falar de persoa coherente, entrañable, querida, admirada. E porque cando soubemos da súa última novela todos pensamos en lela.

Entrevista con Ramón Caride: «En “Exogamia 0.3″ está a clonación, a enxeñería xenética, a rede…»

O suplemento Luces de El País inclúe hoxe unha entrevista de Óscar Iglesias con Ramón Caride pola publicación do seu libro Exogamia 0.3. Reproducímola integramente: «A literatura galega aínda ten déficit de se introducir no mundo de hoxe» Máis de trinta libros despois, Ramón Caride (Cea, 1957), biólogo e profesor en Cambados, mantén a ficción fantástica como marca da casa.

A poesía de X. L. Méndez Ferrín, traducida e reunida nun volume en castelán

A maior parte da poesía de X. L. Méndez Ferrín acaba de ser traducida e reunida nun volume único en castelán, na editorial Calambur, malia que algúns dos títulos xa foran editados nesa lingua por separado.

A xeración dos 50 volve a Monteverde. Reportaxe de Iago Martínez sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

Iago Martínez publica no Xornal de Galicia un ampla reportaxe sobre Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz.

«Poetízate», a antoloxía de poesía galega de Fran Alonso, actualízase na súa 8ª edición logo de vender 9.000 exemplares

Poetízate, a desenfadada antoloxía da poesía galega creada e ideada por Fran Alonso, e destinada a lectores que non están habituados a ler poesía, constitúe xa un referente inevitable para a edición de libros de poesía e para os centros de ensino galegos, con máis de 9.000 exemplares vendidos, todo un éxito para unha antoloxía poética.

Antonio García Teijeiro fala de  «Non hai noite tan longa» na súa columna de A Nosa Terra

Antonio García Teijeiro fala de «Non hai noite tan longa» na súa columna de A Nosa Terra

Antonio García Teijeiro fala de  Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz na súa columna de A Nosa Terra. Reproducimos o parágrafo: Gocei moitísimo co libro de Agustín Fernández Paz, Non hai noite tan longa. Coa súa prosa limpa, o seu estilo pulcro, o compromiso de poñer o dedo na ferida, conseguiu emocionarme cunha historia moi ben contada.

A libraría Banda Deseñada Cómics recomenda «Lois Pereiro. breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

A libraría Banda Deseñada Cómics recomenda no seu blog Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano. Reproducímolo a continuación: Siguiendo la senda de las biografías institucionales, inaugurada con A voz herdada, llega ahora al mercado Lois Pereiro Breve Encontro, una biografía sobre el finado poeta gallego.