Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2011

«Contos por palabras», de Agustín Fernández Paz, no blog de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publica no seu blog unha breve recensión sobre Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz.

Os verdugos do 36 en Pontevedra. Reportaxe de Iago Martínez sobre «A memoria e o esquecemento», de Gonzalo Amoedo

Os verdugos do 36 en Pontevedra. Reportaxe de Iago Martínez sobre «A memoria e o esquecemento», de Gonzalo Amoedo

Iago Martínez que publicou no suplemento Contexto do Xornal de Galicia unha longa reportaxe sobre sobre A memoria e o esquecemento.

«Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas: unha novela de novelas

«Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas: unha novela de novelas

A xornalista Montse Dopico publica no Galicia hoxe unha reportaxe sobre Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas. Reproducímola integramente: O extraordinario do cotián Manuel Portas retrata na súa segunda novela a variada casuística social duns personaxes conectados, sen sabelo, no espazo compostelán Un dedo manchado de tinta, a segunda obra narrativa de Manuel Portas, é unha novela que contén varias pequenas novelas.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Resurrección», de Lea Tobery

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha recensión sobre Resurrección, de Lea Tobery, que se pode ler aquí.

Manuel Bragado, intervención nos Premios Xerais 2011

María Xosé Queizán, intervención nos Premios Xerais 2011

Eis un amplo resumo da intervención de María Xosé Queizán no acto de entrega dos Premios Xerais 2011. Moi emocionante foi o seu remate cando a escritora viguesa cantou a capela a cantifga de Mendinho (a partir do minuto 11).

Crítica de «O souto escuro e perigoso», de Miguel Vázquez Freire, en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre O souto escuro e perigoso, de Miguel Vázquez Freire, ilustrado por Xosé Tomás. Publica Xerais este orixinal libro con texto de Miguel Vázquez Freire e ilustracións de Xosé Tomás: O souto escuro e perigoso dentro da colección Merliño.

Artigo de David Balsa sobre a escritora Teresa González Costa

David Balsa dedícalle un artigo de opinión a Teresa González Costa. Pode lerse aquí. Reproducimos un fragmento: Pero hai unha obra especialmente significativa, e tamén vencellada o ámbito do Circo, na escrita da autora grovense da que xa tiven ocasion de falar brevemente e recomendar ardorosamente aos nosos leitores.

«Cama e conto», de Gonzalo Moure, en Trafegando ronseis

«Cama e conto», de Gonzalo Moure, en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre Cama e conto, de Gonzalo Moure. Fermoso texto de Gonzalo Moure e fermosas ilustracións de Lucía Serrano constitúen este libro publicado por Xerais: Cama e conto.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki

Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki. Reproducímola integramente: Fundación Libélula, unha novela semente Mentres me dispoño a comezar esta crítica, un pensamento cruza as miñas mentes: a creación é, en definitiva, unha reacción, unha indignada reacción fronte á nada.

«Sonetos de Shakespeare», novidade do mes de xuño

Os Sonetos de Shakespeare, en tradución de Ramón Gutiérrrez Izquierdo, son unha das novidades do mes de xuño. Os Sonetos de Shakespeare son un dos cumios da poesía lírica de todos os tempos.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou en El correo gallego unha recensión sobre Agustín Fernández Paz sobre Non hai noite tan longa. Reproducímola integramente: Algúns comentaristas dan por suposto que todas as reseñas que se publiquen sobre a nova entrega narrativa de Agustín Fernández Paz, han facer mención do feito de aparecer editada a novela nunha colección destinada a priori para adultos.