Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2011

«A modesta proposición e outros ensaios», de Lois Pereiro, dispoñible en formato e-book

Xa é posible ler a Lois Pereiro en formato e-book. Modesta propisición e outros ensaios está a disposición dos lectores e lectoras desde o espazo de Xerais en Todoebook. Deste xeito, unha das obras máis emblemáticas de Pereiro pasa a estar dispoñible en formato e-PUB ao prezo de 8 euros.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Despois da medianoite», de Salma

Reproducimos unha recensión de Ramón Nicolás en La Voz de Galicia sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma: Quen guste de inmiscirse e coñecer, mesmo emotivamente, a cerna dos  costumes e da idiosincrasia, as esperanzas e desesperanzas cotiás e vitais que alentan no espírito dunhas xentes, talvez de ficción, que poboan unha pequena vila india e musulmá, emprazada en Támil Nadu,  ten á forza que se achegar esta

«Que lle podo ofrecer a quen me intente», novidade sobre Lois Pereiro a iniciativa da Universidade de Vigo

Que lle podo ofrecer a qun me intente? é un monográfico sobre Lois Pereiro coordinado por Anxo Angueira e Teresa Bermúdez Montes e coeditado por Xerais e a Universidade de Vigo. Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Entrevista con Anxo Fariña, Premio Merlín 2011: «’A chave da Atlántida’ explora as posibilidades da biotecnoloxía»

Xornal de Galicia publica unha entrevista de Héctor J. Pena con Anxo Fariña, Premio Merlín 2011, sobre a súa novela A chave da Atlántida.

Entrevista a Xavier Queipo: «’Extramunde’ é unha novela clásica con estrutura moderna»

Faro de Vigo publica unha entrevista de Elena Ocampo con Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela 2011 con Extramunde.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Svea kött (carne sueca)», de Domingo Tabuyo

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Svea kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo. Reproducimos algúns parágrafos: O bo poeta pontevedrés que é Domingo Tabuyo, decidiu no ano 2002 apostar tamén pola narrativa. Froito daquel desafío foi a súa novela Carmín,que sen pasar desapercibida, non levantou demasiadas paixóns lectoras.

Crítica de Paula Fernández sobre «Draga II. A metamorfose do Dragón», de Elena Gallego Abad

Crítica de Paula Fernández sobre «Draga II. A metamorfose do Dragón», de Elena Gallego Abad

Paula Fernández publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Dragal II. A metamorfose do Dragón de Elena Gallego Abad. Reproducímola integramente: Potencia argumental Amizade, amor e compañeirismo Con Dragal II. A metamorfose do dragón chega a segunda entrega dunha triloxía –a anterior entrega fora Dragal I.

«En castellano no hay problema», presentación en Tui o martes 21 de xuño

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o martes 21 de xuño, ás 20,30 horas, na Biblioteca Municipal de Tui (ala Félix Rodríguez, Edificio Área Panorámica). O acto contará coa participación de Ricardo Alonso  e Carlos Callón.

A ‘espectacular’ novela gráfica «Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández. Reproducímolo a continuación: Espectacular, non teño outra palabra para definir esta proposta de Jacobo Fernández Serrano: Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «A agonía do león», de Carlos Reigosa

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión de A agonía do león, de Carlos Reigosa. Reproducimos os principais parágrafos: A fin dos fuxidos Manuel Girón foi posiblemente o fuxido que máis sona acadou entre os guerrilleiros leoneses. Na comarca de La Cabrera leonesa Girón rematou convertido nun mito.

Premios Xerais 2011, as entrevistas a gañadores, membros do xurado e participantes

Blogaliza.tv realizou unha magnífica cobertura dos Premios Xerais 2011. No blog de Xerais podemos atopar todas as entrevistas que Alfredo Ferreiro fixo aos gañadores, membros do xurados e algúns dos asistentes. Un material documental ben interesante. Eis a relación e os seus enlaces: Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela por Extramunde.

Carlos Negro, entrevista nos Premios Xerais 2011