Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2011

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Que lle podo ofrecer a quen me intente?», o libro sobre Lois Pereiro de Xerais e a Universidade de Vigo

Ramón Nicolás publica no seu blog unha recensión crítica sobre Que lle podo ofrecer a quen me intente?, coordinado por Anxo Angueira e Teresa Bermúdez.

Presentación de «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón, o domingo 24 no Festigal, en Compostela

Presentación de «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón, o domingo 24 no Festigal, en Compostela

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, será presentado no marco do Festigal 2011, o domingo 24 de xullo ás 18.30 h. No acto intervirán a maxistrada do Xulgado do Social de Lugo Dalila Dopazo, Anxo Louzao, Carlos Outeiro e o editor Manuel Bragado.

«Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón, novidade do mes de xullo na colección Crónica

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, é unha das novidades do mes de xullo, e publícase na colección Crónica. En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións».

«Penúltimo dietario», de Xosé Neira Vilas, novidade do mes de xullo na colección Crónica

Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas, é unha das novidades do mes de xullo, e publícase na colección Crónica. «Este Penúltimo dietario é unha memoria dos nosos –de Anisia e meus– últimos dezasete anos vivindo no retrinco do mundo onde nacín. Tiña pasado, coma quen di, da aldea ó barco.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «A Veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda

Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda. A óptica poética na narrativa de Eva Moreda O primeiro que ter en conta ao ler esta novela é que está escrita desde unha óptica poética. Non queremos con isto dicir que se trate de prosa poética; entendo por prosa poética esa que case só se diferencia da poesía pola forma en que se manifesta.

Crítica de Mar Fernández Vázquez sobre «Verbas de sal», de Antonio García Teijeiro

El Correo Gallego publica nas súas páxinas de cultura unha recensión de Mar Fernández Vázquez sobre Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro.

Ramón Nicolás repasa no «Breviario» algúns dos últimos títulos publicados por Xerais

Ramón Nicolás repasa no seu Breviario de Biblos algúns dos últimos títulos publicados por Xerais: 1. Entrevístase neste número de Biblos. Clube de Lectores a Agustín Fernández Paz e, en boa lóxica, ocupa moita atención nela o seu último libro: Non hai noite tan longa.

Xerais publicará os cadernos de viaxe, inéditos, de Lois Pereiro

O Xornal de Galicia publica unha noticia de Iago Martínez, autor de Lois Pereiro. Vida e obra, sobre un novo proxecto que Xerais prepara arredor de Lois Pereiro, a partir dos seus cadernos de viaxe, inéditos.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Despois da medianoite», da escritora india Salma

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión crítica sobre e Despois da medianoite, da escritora india Salma. Reproducimos os principais parágrafos: Tan lonxe e tan preto Ao longo de máis de seiscentas páxinas a escritora támil Salma preséntanos a situación de sometemento abafante en que vive a muller na comunidade musulmá de Támil Nadu.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Poetízate», de Fran Alonso

Ramón Nicolás publica no seu blog unha recensión crítica sobre Poetízate, de Fran Alonso.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Que lle podo ofrecer a quen me intente?»

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog unha recensión de Que lle podo ofrecer a quen me intente?, coordinado por Anxo Angueira e Teresa Bermúdez. Lois Pereiro, lido, analizado, traducido Edicións de textos inéditos, reedicións, biografías, antoloxías e ata achegamentos comiqueiros á biografía do poeta en banda deseñada.

«O misterio das badaladas», de Xabier P. DoCampo, na sección Un libro para cada día

O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo.na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. Reedítase un gran clásico da literatura infantil ‘O misterio das badaladas’ estrea colección e editora. Xerais publica o gran clásico infantil de Xabier P. DoCampo 25 anos despois da súa primeira edición. O misterio das badaladas foi un dos títulos máis identificativos da editora Vía Láctea na década do 1980.