Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2011

Entrevista cos autores do «Dicionario Xerais de Primaria»: «Este dicionario é unha verdadeira novidade, pois está adaptado ao seu nivel de ensino»

Lourdes Varela publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha entrevista con Xosé Feixó Cid e Manuel Rodríguez Alonso, autores do Dicionario Xerais de Primaria.

Crítica de Lucía Seoane sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Crítica de Lucía Seoane sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Lucía Seoane publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, editado por Xerais e a Radio Galega: Ver sen ver Teatro nas ondas O pasado 1 de abril, o xurado da V edición do Premio Diario Cultural de Teatro radiofónico acordou concederlle o premio do ano 2011 á obra titulada Paraísos, da autoría de Xosé Manuel Pacheco Blanco.

Crítica de Román Raña sobre «Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

Crítica de Román Raña sobre «Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

Román Raña publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.

Crítica de Paula Fernández sobre «Os megatoxos e a cara oculta da lúa», de Anxo Fariña

Paula Fernández publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Os megatoxos e a cara oculta da lúa, de Anxo Fariña.

Anotacións de Xosé Manuel Eyré sobre «A Veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog diversas anotacións sobre A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda.

Manuel Rivas, galardoado co premio Acción Solidaria pola Fundación Luís Tilve

O escritor Manuel Rivas acaba de ser galardoado pola Fundación Luís Tilve, creada en 1989 co apoio da UXT, na modalidade de Acción Solidaria debido ao seu «gran compromiso e sensibilidade cara a un amplo abanico de aspectos”, como a recuperación da memoria histórica, a defensa do medio ambiente, a protección da lingua e a cultura galega, ou a defensa dos necesitados, como, segundo a organización, demóstrase na cesión dos

«Amaranta, a carteira saramaganta», de Mau e Pin, na sección Un libro para cada día

Amaranta, a carteira saramaganta, de Mau e Pin. na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. Os cativos coñecen a natureza galega Amaranta, a carteira saramaganta é a última entrega da colección sobre Galiza de Mau e Pin. Nesta ocasión, os primeiros lectores aprenden máis sobre a nosa natureza. A saramaganta é un anfibio que só se encontra na histórica Galaecia.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas. Un dedo manchado de tinta e os títulos alternativos Gonzalo é condutor de autobús en Santiago, ex profesor de instituto, home con criterio mais sen cartos, de fértil imaxinación e capacidade de observación.

A novela «Vía secundaria», de An Alfaya, Premio de Novela por entregas La Voz de Galicia 2010, é unha das novidades do mes de xullo

Vía secundaria, a novela de An Alfaya que foi Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2010, é unha das novidades da colección Narrativa do mes de xullo. Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Exogamia 0.3», de Ramón Caride

Ramón Nicolás publicou esta fin de semana nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia, unha recensión crítica sobre Exogamia 0.3, de Ramón Caride.

«Un dedo manchado de tinta» de Manuel Portas e os títulos alternativos de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog un post sobre Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas. Un dedo manchado de tinta e os títulos alternativos Eis unha fórmula de achegamento crítico que xa había tempo non xurdía na Ferradura, a dos títulos alternativos. Mais a lectura de Un dedo manchado de tinta resucitouna, pois a novela de Manuel Portas é moi rica.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión crítica de V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, editado por Xerais e a Radio Galega: (…) O libro reúne os autos (entendido o termo auto como peza breve de teatro, tanto relixiosa como profana) gañador e finalistas do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.