Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2011

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas

Manuel Rodríguez Alonso inclúe no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Penúltimo dietario, o último libro de recompilación de artigos xornalísticos de Xosé Neira Vilas. A recensión pode lerse aquí.

Novidades de Xerais para a Reentrada de Outono e a Campaña de Nadal

Hoxe presentámoslles a todos os nosos lectores e lectoras o adianto do que serán algunhas das próximas novidades que Xerais publicará para esta reentrada do Outono e para a campaña de Nadal. Narrativa Poñente, Pere Tobaruela Ninguén, Fran Alonso Extramunde, Xavier Queipo. Premio Xerais de Novela 2011.

Dolores Vilavedra aborda «Despois da medianoite» e «Vía secundaria» no último repaso de novidades

Dolores Vilavedra aborda «Despois da medianoite» e «Vía secundaria» no último repaso de novidades

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «Pintan bastos», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados, citando a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo e facendo un breve percorrido por Despois da medianoite, de Salma, e  Vía secundaria, de An Alfaya.

Federico Cocho: «O mito da Galicia fascista é mentira, e próbano os 14.000 represaliados que contabilizou Nomes e Voces»

A xornalista Montse Dopico publicou en El Mundo unha longa entrevista con Federico Cocho a raíz da publicación do seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, na colección Crónica.

Crítica de Laura Caveiro sobre os «Sonetos de Shakespeare»

Crítica de Laura Caveiro sobre os «Sonetos de Shakespeare»

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe hoxe unha recensión crítica de Laura Caveiro sobre a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo. Escura e Beautiful Das audaces artes Afirma Harold Bloom que se puidese interrogar a un autor xa morto, desde logo, escollería a Shakespeare. Non obstante, matiza con retranca:“non perdería nin un segundo preguntándolle a identidade da Dama escura.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Sonetos de Shakespeare»

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Sonetos de Shakespeare»

O crítico Ramón Nicolás publica no seu blog unha recensión sobre a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo. Confeso que non puiden ler todo o quixera, o que debera ou o que me autoimpuxera este pasado verán por estar involucrado noutras lideiras que espero dean froito nun prazo que desexo non afastado.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Despois da medianoite», de Salma

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Despois da medianoite», de Salma

Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma. Como viven as mulleres musulmás na India Imos comezar esta crónica coas palabras con que María Reimóndez remata o seu limiar: “Estas que nos abren a noite de par en par para buscar a luz do día”. Refírese ao texto da novela de Salma.

Crítica de Vicente Araguas sobre os «Sonetos de Shakespeare»

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego. Shakespeare alexandrino Ramón Gutiérrez Izquierdo (Ourense, 1956) vén publicar unha fermosa (dígase xa, tanto de continente como de contido) versión galega dos sonetos de Shakespeare.

«Agustín Fernández Paz: na cerna da palabra», artigo literario de Armando Requeixo

«Agustín Fernández Paz: na cerna da palabra», artigo literario de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños un artigo literario sobre a concesión a Agustín Fernández Paz do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Agustín Fernández Paz: na cerna da palabra Agustín Fernández Paz é un neno grande de San Simón da Costa, aló polas terras chairegas de Vilalba.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, editado por Xerais e a Radio Galega.

Apuntes críticos de Xosé Manuel Eyré sobre «Despois da medianoite», de Salma

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog, Ferradura en tránsito, diversos apuntes críticos sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma.

Dionisio Pereira, o «investigador máis relevante da historia social da mariña civil»

O blog Naucher, cultura marítima,  de F. Javier Moreno Rico, publica un post sobre Loita de clases e represión no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira. El historiador gallego Dionisio Pereira es, sin duda, el investigador más relevante de la historia social de la marina civil en España.