Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2011

A novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas, convértese en Carnota na película de Cuerda

A novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas, convértese en Carnota na película de Cuerda

Alicia G. Arribas publica unha información no Galicia Hoxe sobre a rodaxe, en Carnota, de Todo é silencio, a película de Cuerda baseada na novela de Manuel Rivas.

Crítica de Dolores Martínez Torres sobre «Despois da medianoite», de Salma

Crítica de Dolores Martínez Torres sobre «Despois da medianoite», de Salma

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe hoxe unha recensión de Dolores Martínez Torres sobre a novela Despois da medianoite, da escritora india Salma. Escrita rebelde O prezo de nacer muller Nunha aldea preto de Thuvarankurichi, en Tamil Nadu, ao sureste da India, Rabia esgota os días da súa nenez.

Entrevista de Beatriz Pallas con Agustín Fernández Paz: «Se aquí lemos novela islandesa, tamén a nós nos poden ler fóra»

Beatriz Pallas publica en La Voz de Galicia unha entrevista con Agustín Fernández Paz, que foi galardoado onte co Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Agustín Fernández Paz: «Se aquí lemos novela islandesa, tamén a nós nos poden ler fóra» O prolífico autor vilalbés vén de gañar o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa extensa obra.

Un dosier do Agustín Fernández Paz internacional

Un dosier do Agustín Fernández Paz internacional

LG3, o Soportal da Literatura Galega, do Consello da Cultura, publica un «Dosier de Agustín Fernández Paz internacional». Sen dúbida, Agustín Fernández Paz é o autor galego con máis recoñecementos internacionais. O seu traballo valeulle agora VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Cunha dotación de 30.000 dólares, o galardón está considerado como un dos máis importantes de Iberoamérica.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón.

Artigo de Ramón Nicolás sobre a concesión do VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia un artigo sobre a concesión do VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz. Fernández Paz: esperanza Outra vez cómpre recoñecer o que significa Agustín Fernández Paz para a literatura galega e mais para a literatura infantil e xuvenil especialmente.

Agustín Fernández Paz, Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil

Agustín Fernández Paz, Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil

O escritor Agustín Fernández Paz foi galardoado onte co Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, fallado en México e dotado con 30.000 dólares. A entrega do premio ao escritor galego terá lugar o día 29 de novembro na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México).

Crítica de Pilar Bendoiro sobre «Os reloxos preguiceiros de Néboa», de Xavier Lama

Pilar Bendoiro Mariño publica en El Correo Gallego unha recensión sobre sobre Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Xavier Lama.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Penúltimo Dietario», de Xosé Neira Vilas

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.

O deputado Tabuyo mergúllase na novela negra co comisario Romero

O deputado Tabuyo mergúllase na novela negra co comisario Romero

Jaureguizar publicou en El Progreso unha información sobre a novela novela  Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo. O deputado Tabuyo mergúllase na novela negra co comisario Romero Domingo Tabuyo sabe que a carne sueca é explosiva.

Os sonetos de Shakespeare falan en galego

Os sonetos de Shakespeare falan en galego

O Xornal de Galicia publicou onte unha información sobre a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo. Os sonetos de Shakespeare falan en galego O profesor Ramón Gutiérrez Izquierdo traduce os versos do escritor para Xerais O profesor Ramón Gutiérrez Izquierdo (Ourense, 1956) vén de publicar en Xerais a súa tradución dos Sonetos de Shakespeare.

O escritor e comisario Luís García Mañá, retratado na serie «Galegos na escaleira»

O escritor e comisario Luís García Mañá, autor de  novelas como O lume de Santo Antón (Xerais, 1997), Menino morreu (Xerais, 2003), Couto Mixto: unha república esquecida (Xerais, 2005) e o O grito de Ipiranga (Xerais, 2010) aparece retratado polo rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, na serie fotográfica de Xurxo Lobato «Galegos na escaleira», no diario El País.