Publicado o 28 Outubro, 2011 nas categorías Crónica, Presentacións
O vindeiro xoves, 3 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. O acto, no que intervirán Antón Bao (Tenente de Alcalde), Carlos Vello (Responsable da Mesa en Lugo) e o autor, organízase no Centro Uxío Novoneyra, rúa Quiroga Ballesteros de Lugo.
O venres, 4, ás 20:30 horas, preséntase na Biblioteca Municipal das Pontes.
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
El Progreso publica unha entrevista de Jaureguizar con Manuel Rivas sobre a publicación do seu libro O máis estraño.
«A Guerra de España é a guerra de Troia; a guerra de todas as guerras»
O ESCRITORES que falan pouco escriben novelas longas, Manuel Rivas escribiu moitos contos porque é falangueiro.
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2011 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais
Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Febre, de Héctor Carré, Premio Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2011 nas categorías Narrativa, Premios, Presentacións
O venres, 28 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación da novela Vía secundaria de An Alfaya (Premio de Novela por entregas “La Voz de Galicia” 2010). No acto intervirán, Ramón Nicolás, Manuel Bragado e a autora.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
La Voz de Galicia publica unha entrevista de Camilo Franco con Manuel Rivas sobre a publicación do seu libro O máis estraño.
Manuel Rivas: «Os contos son animais solitarios»
O autor agrupa nun só libro todos os seus relatos breves dende hai 20 anos, «corrixidos, pero non reescritos»
As metáforas non se deteñen nas palabras de Manuel Rivas.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2011 nas categorías Artigos literarios, Crónica
Emilio Alonso publica en Fanzine León un artigo onde explica as orixes e contidos do seu libro Vigo a 80 revolucións por minuto, de próxima saída en Xerais.
Una crónica de la movida viguesa
Vigo a 80 revolucións por minutos es un extenso trabajo -casi 400 páginas- que repasa todos los aspectos que dieron forma a la famosa movida viguesa de los años 80.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2011 nas categorías Narrativa, Presentacións, Xerais_nos_medios
Onte presentouse na libraría Couceiro, de Santiago de Compostela, o libro que abrangue os contos reunidos de Manuel Rivas baixo o título de O máis estraño.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2011 nas categorías Infantil, Música, Novidades, Xuvenil
O libro disco A caza do Ghazafello é unha das novidades deste outono. Un libro de Denís M., música de Marcos Payno e ilustracións de Sara López, producido con Valentín Torrado cun excelente plantel de músicos no disco: Antón Reixa, Xurxo Souto, Ugia Pedreira, Pulpiño Viascón, Carcía MC, Ico Manolo Maseda, Coralie Yap-Chin.
Este non vai ser un paseo para preguiceiros.
Ler máis →
Publicado o 26 Outubro, 2011 nas categorías Crónica, Entrevistas
B.R. Sotelino publica en La Voz de Galicia unha entrevista con Emilio Alonso, autor de Vigo a 80 revolucións por minuto, un libro sobre a movida viguesa que Xerais publicará en breve. Nunha noticia anexa, titulada «A memoria gráfica», faise alusión ao libro que tamén publicará Xerais en breve, Vigo, a explosión dos oitenta, unha crónica fotográfica da que é autor Víctor de las Heras.
Ler máis →
Publicado o 26 Outubro, 2011 nas categorías Narrativa, Novidades
O máis estraño, os contos reunidos de Manuel Rivas, que é unha das novidades do mes de outubro, xa está nas librerías.
Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca da literatura naceu para expresar iso que é o máis estraño.
Ler máis →
Publicado o 26 Outubro, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha nova anotación sobre Ninguén, de Fran Alonso.
Fran Alonso, na Ninguén, pinta unha sociedade composta por individualismos solitarios. Fuxir dese cancro está nas nosas mans. Aquí aparéceseme a necesidade de contrastar Ninguén con Males de cabeza. Ver unha como evolución da outra.
Ler máis →
Publicado o 26 Outubro, 2011 nas categorías Ensaio, Presentacións
O xoves, 27 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial de María Xosé Queizán. No acto intervirán Pemón Bouzas, Manuel Bragado e María Xosé Queizán.
A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas.
Ler máis →