Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2011

«Quen lle ten medo a Morgana?», outra novidade do Club da Ciencia

Quen lle ten medo a Morgana? é o outro título do Club da Ciencia que é unha novidade neste mes de outubro. Chámome Morgana e, segundo a miña avoa, teño simpatía a moreas. Paula, unha amiga, di que se puidese peitearme habíame converter nunha criatura adorable, pero Paula é unha pre-sumida, e a min non sei se me gustaría ser unha criatura adorable.

«O máis estraño», de Manuel Rivas, reune todos os seus contos nun volume

«O máis estraño», de Manuel Rivas, reune todos os seus contos nun volume

La Voz de Galicia publica unha información de Camilo Franco sobre O máis entraño, o libro que reune os relatos completos de Manuel Rivas que Xerais enviará ás librerías a finais de vindeira semana.

«Os reloxos preguiceiros da néboa», de Xavier Lama, selo de calidade de Gálix

Os reloxos preguiceiros da néboa, de Xavier Lama, foi recoñecido co selo de calidade de Gálix. V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2010 Os reloxos preguiceiros da cidade de Néboa deixaron de calcular o tempo. Este suceso desorienta aos habitantes da cidade onde unha brétema constante case non deixa ver o sol.

«O caderno laranxa de Morgana» novos títulos do Club da Ciencia

O caderno laranxa de Morgan de Pasqual Alapont, novo título do Club da Ciencia. Teño 11 anos e 7 meses e puxéronme Morgana porque estaba de moda. Teño os ollos verdes, estudo sexto de Primaria e xogo ao baloncesto. O meu irmán Ricardo quere poñer un piercing no nariz, e por pouco non llo fai o meu pai sen anestesia nin nada.

Xavier Queipo, autor de “Extramunde”: «A inquisión agora é o capital»

Xavier Queipo, autor de “Extramunde”: «A inquisión agora é o capital»

La Voz de Galicia publica unha entrevista de C. F. Iglesias con Xavier Queipo a raíz da publicación de Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011. «A inquisición agora é o capital» O escritor apunta que a novela «fala da negación da diferenza» Xavier Queipo reivindicouse central e non periférico asegurando que a súa identidade non estaba «construída contra ninguén».

Crítica de Alfredo Iglesias sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

Crítica de Alfredo Iglesias sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha crítica de Alfredo Iglesias sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

Fina Casalderrey e Miguel Anxo Prado, candidatos ao Astrid Lindgren

A escritora Fina Casalderrey e o ilustrador Miguelanxo Prado foron designados candidatos ao The Astrid Lindgren Memorial Adward 2012 (ALMA), entre un total de 184 candidatos de 66 países. A nominación para o premio ALMA é un feito moi relevante, que revalidada a importancia da literatura infantil galega.

Xavier Queipo: «’Extramunde’ é unha novela política»

A novela Extramunde , que foi presentada onte en Compostela e será presentada mañá en Vigo, no Museo do Mar, é foco desta entrevista con Xavier Queipo que se pode escoitar na web do Diario Cultural. Extramunde é unha novela política, declarou Xavier Queipo na entrevista de Ana Romaní e Anxo Quintela. A entrevista pode escoitarse aquí.

«A narrativa inversa de Fran Alonso», por Xosé Manuel Eyré

«A narrativa inversa de Fran Alonso», por Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación sobre Ninguén, de Fran Alonso. A narrativa inversa de Fran Alonso Comecei onte a lectura de Ninguén, título co que Fran Alonso regresa aos trinques. Non sei aínda se definila como novela ou non. En todo caso, o xénero é o de menos, se a literatura é boa, e eu non dou resistido a tentación de escribir esta anotación, así de entrada.

A literatura e os libros na obra de Agustín Fernández Paz

A literatura e os libros na obra de Agustín Fernández Paz

A web suit 101 publica unha información sobre a literatura e os libros na obra de Agustín Fernández Paz. La literatura y los libros en la obra de Agustín Fernández Paz El reconocido escritor de literatura infantil y juvenil Agustín Fernández Paz alude, con frecuencia, en su obra a otros autores, libros y lectores.

«Sonetos de Shakespeare»: a ilusión dun Shakespeare que escribe en galego

Rosa Tedín publica, no Diario da Universidade de Vigo, unha crónica sobre a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo.

Presentación en Vigo de “Extramunde” de Xavier Queipo. Premio Xerais de Novela 2011

O próximo venres, 21 de outubro, ás 20:15 horas terá lugar, no Museo do Mar de Galicia, Avda Atlántida, 160 de Vigo, o espectáculo artístico “L’ombelico del mondo”. Este acto preparouse con motivo da presentación de Extramunde de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela, 2011. Intervirán Manuel Bragado, Quico Cadaval, Olga Cameselle e o Colectivo Riolagares (MisterChoco e Xavier Queipo).