Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2011

Reflexións de Ana Boullón, tradutora de «Resurrección», de Lea Tobery, sobre a lingua nas traducións

Ana Boullón, tradutora de Resurrección, de Lea Tobery, publica un longo artigo de reflexión sobre o papel da crítica, das correccións e dos tradutores nas traducións ao galego. «Ultimamente unha tradución miña (de Resurrección, de Lea Tobery, publicada por Xerais, 2011) foi obxecto de dúas críticas lingüísticas (pódense ver aquí e aquí).

Crítica en catalán de «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, nun blog de Vilaweb

Crítica en catalán de «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, nun blog de Vilaweb

Pere Meroño, no seu blog de Vilaweb, realizou esa fin de semana unha crítica ,en catalán, de  Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.. Reproducímola a continuación: Se’n va anar del poble, sense haver-ne assolit encara la vintena. Són pare havia patit els darrers anys de la seva existència, estroncada per mil i un sofriments, una situació d’una rotunda injustícia, d’aquelles que clamen el cel.

«Poñente», de Pere Tobaruela, unha das novidades de Narrativa do mes de outubro

Poñente, de Pere Tobaruela, unha das novidades de Narrativa do mes de outubro. O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe en día mergullada nun fondo proceso de cambio emocional. Para ela a luz do poñente ten un perfil concreto: unha galega chamada Sarela que, entre outras cousas, a obriga a cuestionarse a súa identidade sexual.

«Penúltimo dietario», de Neira Vilas: unha achega á literatura do diario

Daniel Salgado publica un artigo no suplemento Luces de El País sobre o xénero diarístico e fala de Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas. Talvez para construír a verdadeira crónica privada das nacións non abonde, como escribira Balzac, coa novela.

Crítica de Xosé Feixó sobre «O álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010)»

Xosé Feixó publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), da Rede Temática de Investigación “LIJMI”. Estudando un formato De consulta imprescindible A Rede Temática de Investigación LIJMI vén de publicar O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000–2010).

As 10 mellores novelas de 2010 para Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica un post no que escolle as que, ao seu xuízo, son as 10 mellores novelas de 2010. Reproducimos aquí as que corresponden a Xerais. O listado enteiro pode consultarse no seu blog. 1. O coitelo en novembro, Marilar Aleixandre 3. Periferia , Iolanda Zúñiga 4. Todo é silencio, Manuel Rivas 6. Denso recendo a salgado, Manuel Portas 10.

Jacobo Fernández Serrano, autor da novela gráfica “Lois Pereiro.Breve encontro”, asinará exemplares en librarías

Jacobo Fernández Serrano, autor da exitosa novela gráfica, Lois Pereiro. Breve encontro, asinará exemplares en Pontevedra e Vigo. Venres, 7 de outubro, a partir das 19:00 horas, na Libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra. Sábado, 8 de outubro, a partir das 18:30 horas, na Libraría Banda Deseñada, rúa Cataluña, 27 de Vigo.

Presentación en Muxía de “O noso amor será eterno” de X.H. Rivadulla Corcón o próximo sábado

Por iniciativa da Fundación Gonzálo López Abente, o  Salón de Actos do Voluntariado, rúa da Camposa de Muxía, acollerá a primeira presentación pública do libro O noso amor será eterno de X.H. Rivadulla Corcón, o próximo sábado, 8 de outubro ás 20:00 horas.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Ponteceso o vindeiro venres

O próximo venres, 7 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. O acto, no que intervirán Silvana Castro, Pepe Alborés e Carlos Callón, terá lugar na libraría A Tenda dos Libros, Avda Anllóns, 2 baixo en A Trabe-Ponteceso.

Presentación de “Loita de clases e a represión franquista no mar (1864-1939)” de Dionísio Pereira, en Marín o próximo venres

O vindeiro venres, 7 de outubro, ás 20:00 h., terá lugar a presentación do libro Loita de clases e a represión franquista no mar (1864-1939) de Dionísio Pereira. A presentación, na que participarán Carlos Velasco, Xosé Manuel García Crego e Dionísio Pereira, terá lugar na Biblioteca Municipal de Marín, rúa Ourense, 8 de Marín. Este acto é unha iniciativa da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans. A importancia da palabra no drama Hai obras teatrais onde a palabra é fundamental.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Compostela o próximo mércores

Este mércores, 5 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón, presidente da MESA.