Publicado o 30 Novembro, 2011 nas categorías Culturgal, Uncategorized
Un ano máis, Culturgal abre as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 2-3 e 4 de decembro. Tres días de actividade sen tregua para os públicos máis variados.
Este ano, ademais, abrimos a Tenda de Culturgal, un cuarto grande e bonito ateigado de cousas apetecibles para picar: literatura, música, audiovisuais, novas tecnoloxías.
Ler máis →
Publicado o 30 Novembro, 2011 nas categorías Autores, Infantil, Noticias, Premios, Xuvenil
Manuel Bragado, director de Xerais, publica en Brétemas unha crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz no marco da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México, que reproducimos:
Sei que nunca esquecerei esta Feira de Guadalajara con Agustín.
Ler máis →
Publicado o 30 Novembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Poñente, de Pere Tobaruela.
A novela da salga e dos fomentadores
A obra desta semana e ‘Poñente’ de Pere Tobaruela, unha obra editada por Xerais e traducida por Ana Boullón.
Ler máis →
Publicado o 30 Novembro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.
Para non esquecer
A desmemoria histórica interesada fai que quen foron figuras sobranceiras do exilio ou do antifranquismos pasen a ser esquecidas, porque non lle convén ao poder vixente que se lembren os seus feitos e mais as súas ensinanzas.
Ler máis →
Publicado o 30 Novembro, 2011 nas categorías Infantil, O Club da ciencia, Xuvenil
O Faro de Vigo, no seu suplemento A escola do Faro, publica unha anotación sobre os dous novos títulos da serie O Club da Ciencia: Quen lle ten medo a Morgana? e O caderno laranxa de Morgan de Pasqual Alapont.
Edicións Xerais acaba de publicar dos nuevos títulos de la colección infantil y juvenil que tiene como protagonista a Morgana.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa, Premios_Xerais
Manuel Gago publicou no seu blog, Capítulo Cero, unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011.
«Extramunde», a estraña viaxe dos espiritados
Leo Extramunde, o último premio Xerais de novela, do biólogo e escritor Xavier Queipo, dunha tacada cruzando de noite o Atlántico.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2011 nas categorías Autores, Infantil, Premios, Xuvenil
O escritor galego Agustín Fernández Paz recibirá mañá martes, na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México, o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. O autor, que viaxou a Guadalajara, acompañado da súa filla, estará tamén acompañado polo seu editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2011 nas categorías Uncategorized
Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog, Ferradura en tránsito, a anotación «Suso de Toro e os destrutores de mitos».
Suso de Toro e os destrutores de mitos
Dúranme aínda os ecos da velada que en Codeseda (A Estrada) nos xuntou a debater en conversa a redor do mito. Temo e agardo que tampouco se apaguen agora.
Agora lembro que un dos meirandes destrutores de mitos da actualidade é Suso de Toro. Nunca cesou nese afán.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2011 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Noticias
Os escritores Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros e Marcos Calveiro participan na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Algúns xornais como Atlántico e El Correo Gallego, ademais da Asociación Galega de Editores, informan sobre a súa actividade alí a través de axencias.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Merlín, Poesía
Trafegando ronseis publica unha anotación sobre Cidades, de Fran Alonso.
Na procura dun libro de poesía axeitado para o meu alumnado de 2º de ESO cheguei -por recomendación de Carlos Negro- a Cidades, de Fran Alonso, publicado por Xerais, con ilustracións de Pablo Otero.
Ler máis →
Publicado o 28 Novembro, 2011 nas categorías Autores, Conferencia
A Universidade de Bangor organizou arredor un seminario arredor dalgúns aspectos da obra de Xavier Queipo, quen aproveitará a súa estadía no País de Gales para presentar Artico 2.0 e Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011. Reproducimos o programa:
Xavier Queipo is one of Galicia’s leading, most original narrative voices.
Ler máis →
Publicado o 28 Novembro, 2011 nas categorías Fóra_de_colección, Presentacións
O xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas, terá lugar, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na Praza do Rei, a presentación do libro Vigo. A explosión dos ’80 de Víctor de las Heras con textos de Fernando Franco.
Ler máis →