Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2011

A movida sen movida, crónica da presentación de «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso

A movida sen movida, crónica da presentación de «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso

Atlántico Diario publica unha crónica de Ana Baena sobre a presentación onte, en Vigo, do libro Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso.

«Ti non xogas», de Silvestre Gómez Xurxo, no Club Lendo Contigo de Espazo Lectura

O libro Ti non xogas!, de Silvestre Gómez Xurxo, centrará este sábado 26 o Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar. O Lendo Contigo recibe a Silvestre Gómez Xurxo para falar de «Ti non xogas» O sábado 26 de novembro, a partir das 12.

«Historias de Oregón», de Diego Ameixeiras, novidade do mes de novembro

Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras, Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas, é unha das novidades de Narrativa do mes de novembro. Diana Maroto, unha moza brasileira de vinte anos, desaparece en Oregón. A policía búscaa sen éxito ata que un equipo de mergulladores atopa o seu corpo a tres quilómetros da ponte do Bibei, desde onde fora tirada ao río tras ser apuñalada. A súa compañeira, Camelia V.P.

Artigo de Alfonso Vázquez-Monxardín sobre a tradución dos «Sonetos de Shakespeare»

Artigo de Alfonso Vázquez-Monxardín sobre a tradución dos «Sonetos de Shakespeare»

Alfonso Vázquez-Monxardín publicou en La región un artigo de opinión sobre a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo. Pódese ler completo en pdf. Shakespeare, desde Ourense Falamos dunha obre cume da nosa grande cultura –da europea occidental– que son os Shakesperar’s sonets, os Sonetos de Shakespeare.

Marià Arbonés: «Nos 80 en Cataluña, Vigo era o noso referente a seguir». O catalán participa hoxe na presentación de «Vigo a 80 revolucións por minuto»

Marià Arbonés: «Nos 80 en Cataluña, Vigo era o noso referente a seguir». O catalán participa hoxe na presentación de «Vigo a 80 revolucións por minuto»

Faro de Vigo publica unha entrevista de Mar Mato con Marià Arbonés, que participará hoxe na presentación de Vigo a 80 revolucións por minuto, sobre a movida viguesa e o libro de de Emilio Alonso Pimentel. “En los años 80, en Cataluña, Vigo era nuestro referente a seguir” El catalán presenta con Emilio Alonso “Vigo a 80 revolucións por minuto” Esta tarde y noche, hay una cita con la movida viguesa de los 80.

Unha novela de aventuras que interpreta o século XXI: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Unha novela de aventuras que interpreta o século XXI: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre  Extramunde, de Xavier Queipo. O prezo da liberdade de ser X.M. Eyré debulla desta volta o libro ‘Extramunde’ de Xavier Queipo, editado por Xerais.

«Vigo, a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso: A movida tarde trinta anos en ter a súa primeira crónica

B. R. Sotelino publica en  La Voz de Galicia unha crónica sobre o libro Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso, que se presenta esta tarde, ás 19.00 horas na Casa do Libro da cidade olívica. La movida de Vigo tarda treinta años en tener su primera crónica Emilio Alonso publica en Xerais «Vigo a 80 revolucións por minuto» La movida de Vigo ya es historia.

«Meu pai vaite matar», de María Xosé Queizán, é unha das novidades do mes de novembro

Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, é unha das novidades da colección Narrativa no mes de novembro. Tras rematar un máster de criminoloxía, Diana, a filla dunha parella de progresistas, ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario, un mozo aleitado no rural, co que axiña ennoivará.

«A razón do meu libro é explicar a presenza dos cataláns en Galicia». Entrevista sobre Poñente con Pere Tobaruela

La Voz de Galicia, na súa edición compostelana, publica unha entrevista de M.

«Trece noites, trece lúas», de Antonio Reigosa: o libro das marabillas do Nadal

Jaureguizar publica en El Progreso unha información sobre Trece noites, trece lúas, e Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, a raíz da súa presentación onte en Lugo.

«Cita en Fisterra», de Luís Rei Núñez, unha das novidades do mes de novembro

Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez, unha das novidades de Narrativa do mes de novembro. O viaxeiro destas páxinas é deses tipos pouco dados a conxugar en primeira persoa heroísmos e bravuras. No canto das xeografías da anaconda, o tigre ou as moscas tse-tse prefire a máis modesta, é un dicir, da centola.

Presentación en Ourense de “Un dedo manchado de tinta” de Manuel Portas

O xoves, 24 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas na Livraria Torga, rúa da Paz, 12 de Ourense. No acto participarán Manuel Bragado e Manuel Portas. Un dedo manchado de tinta non é unha novela, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, ou polo menos non é unha novela ao uso, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón.