Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2011

25 aniversario de “Polaroid” de Suso de Toro: Acto literario en Compostela

Edicións Xerais de Galicia e o IES Rosalía de Castro de Santiago organizan o vindeiro xoves, 10 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do IES Rosalía de Castro , rúa San Clemente, s/nº de Santiago, o acto literario “25 aniversario da publicación de Polaroid de Suso de Toro” que contará coa participación de Xosé Luís Axeitos, Pepe Barro, José Manuel Estévez Saá, Rexina Vega, Rosa López Gato, Suso de To

Eduardo Rolland: A Movida está de moda. Artigo sobre «Vigo, a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso

Eduardo Rolland: A Movida está de moda. Artigo sobre «Vigo, a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso

O xornalista Eduardo Rolland publica en La Voz de Galicia un artigo de opinión no que fala da publicación de Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso, e do retorno da Movida. (…) Por eso no es extraño que se haya puesto de moda la Movida. El escritor y guionista Emilio Alonso acaba de publicar en Xerais un libro capital, el compendio definitivo para entender aquel fenómeno: Vigo, a 80 revoluciones por minuto.

Fran Alonso: «A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime». Entrevista ao autor de «Ninguén»

Fran Alonso: «A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime». Entrevista ao autor de «Ninguén»

El País publica hoxe no suplemento «Luces» unha entrevista de Teresa Cuíñas con Fran Alonso a raíz da publicación do seu último libro, Ninguén. «A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime» Novelista, poeta, xornalista e editor, Fran Alonso é un autor prolífico.

«Historias de desacougos urbanos»: crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Ninguén», de Fran Alonso

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novenoites unha recensión crítica de Ninguén, de Fran Alonso. «Ninguén», historias de desacougos urbanos Mergullarse nas entrañas das sociedades urbanas. Eis a grande inquedanza das propostas narrativas de Fran Alonso, como el mesmo manifesta no Epílogo deste volume.

«Vía secundaria», de An Alfaya: que facer logo de cometer un delito. Anotación de Ramón Nicolás

«Vía secundaria», de An Alfaya: que facer logo de cometer un delito. Anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publica no seu blog un fragmento da súa intervención na presentación de Vía secundaria, de An Alfaya, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia 2010. O pasado venres 28 de outubro participei na libraría Librouro, xunto con Manuel Bragado e a autora, na presentación de Vía secundaria, premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2010.

Crítica sobre «A chave da Atlántida», de Anxo Fariña

Crítica sobre «A chave da Atlántida», de Anxo Fariña

O Atlántico Diario publicou unha recensión sobre A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, Premio Merlín de Literatura Infantil 2011. En  Edicións Xerais de Galicia, 143 páxinas. Anxo Fariña (Vigo, 1977), obtivo con este texto o Premio Merlín de Literatura Infantil 2011, e xa van aló 25 anos dende que o primeiro Merlín (1986) foi, con todo merecemento, para a nosa amiga Ursula Heinze.

Fran Alonso: «Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela». Entrevista sobre «Ninguén»

Fran Alonso: «Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela». Entrevista sobre «Ninguén»

La Voz de Galicia, na edición viguesa, publicou unha entrevista de B. R. Sotelino con Fran Alonso, sobre Ninguén. «Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela» O escritor vigués retrata na sua última novela as novas relacións que xurden na sociedade da comunicación Fran Alonso (Vigo, 1963) fixo a súa estrea na literatura gañando o Premio Blanco Amor de Novela con Tráiler.

A movida viguesa chega ás bibliotecas: reportaxe sobre «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso

Silvia R. Pontevedra publicou onte en El País unha reportaxe sobre o libro Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso, que Xerais poñerá á venda nos próximos días dentro da colección Crónica.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Penúltimo dietario», de Xosé Neira Vilas

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Penúltimo dietario», de Xosé Neira Vilas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog, Novenoites, unha recensión crítica sobre Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas. A crítica literaria recoñece que a chamada “literatura do eu” forma unha parte imprescindible do presente e do futuro da literatura. Mais eu refírome a un instrumento literario que non é autobiografía nin diario nin memorias en sentido rigoroso.

«Vaia tropa», de Antón Cortizas, unha novidade da colección Merlín

Vaia tropa!, un libro de poemas de Antón Cortizas ilustrado por Mª Reyes Guijarro, é unha das novidades da colección Merlín para o mes de novembro. Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo.

Marcos Calveiro falará de Lois Pereiro en tres Universidades alemanas

Os días 3-4 e 5 de novembro, o escritor Marcos Calveiro impartirá tres conferencias arredor da vida e obra de Lois Pereiro nos Centros de Estudos Galegos da Universidade de Tubinga, da Universidade de Heidelberg e da Universidade Libre de Berlín. Marcos Calveiro publicou na colección Fóra de Xogo de Xerais a obra Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e Antoloxía no pasado mes de febrerio.

«Extramunde», de Xavier Queipo: paixón por contar. Crítica de Ramón Nicolás

«Extramunde», de Xavier Queipo: paixón por contar. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo. Paixón por contar GALARDOADA CO PREMIO XERAIS 2011,«EXTRAMUNDE» REBORDA AS EXPECTATIVAS MÁIS ESIXENTES: VELAQUÍ UNHA GRAN NOVELA Hai unha semana escribía aquí sobre os 20 anos de presenza pública de Fran Alonso como escritor por mor da publicación de Ninguén.