Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2011

Os libros de Víctor de las Heras e Emilio Alonso centran o artigo de Manuel Bragado «Vigo a explosión dos 80»

Os libros de Víctor de las Heras e Emilio Alonso centran o artigo de Manuel Bragado «Vigo a explosión dos 80»

Manuel Bragado, director de Xerais, publica en Faro de Vigo un artigo de opinión centrado en Vigo a partir de dous libros publicados recentemente por Xerais: Vigo. A explosión dos ´80, de Víctor de las Heras e Vigo a 80 revolucións por minuto.

«Trece noites, trece lúas» de Antonio Reigosa en Trafegando ronseis: un «paquete bomba» para o Nadal

«Trece noites, trece lúas» de Antonio Reigosa en Trafegando ronseis: un «paquete bomba» para o Nadal

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación de sobre Trece noites, trece lúas, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López.   O ano 2011 pasará á miña historia persoal e profesional como un dos mellores. Entre todas as cousas boas que me pasaron foi coñecer, grazas aos premios Xerais, a Antonio Reigosa, con quen conectei deseguida.

O domingo de Xerais no Culturgal

Tras o éxito rotundo dos actos organizados onte sábado en Culturgal, Xerais preparou para esta derradeira xornada do Culturgal 20011 o seguinte programa de actos: Domingo 4  12:00 h.: Conversa con Jacobo Fdez Serrano sobre a novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro e Mil cousas poden pasar I e II. No Salón. Entrevistado por Xesús Fraga.  13:15 h.

Federico Cocho falou sobre “Guerra Civil” no Culturgal

Na tarde de onte, primeiro día do Culturgal, o xornalista e escritor, Federico Cocho mantivo unha interesantísima charla co, tamén xornalista, Eduardo Rolland sobre o libro Guerra Civil. O que pasou en Galicia e en España, publicado por Xerais na colección Crónica.  O programa de Xerais para hoxe, Sábado 3 é: 14:00 h.: Presentación de Dragal I e Dragal II de Elena Gallego. No Salón.

Xavier Queipo: «O exercicio da crítica mantenme vivo e optimista». Entrevista de Ramón Nicolás para Que Leer centrada en «Extramunde»

A revista Que Leer do mes de novembro publica unha entrevista de Ramón Nicolás con Xavier Queipo sobre Extramunde.

Anotación sobre «Exogamia 0.3», de Ramón Caride, en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publica unha anotación sobre Exogamia 0.3, de Ramón Caride. Exogamia 0.3 Unha das actividades que propuxemos dende o Equipo de Normalización e Dinamización do IES Chano Piñeiro para o Día da Ciencia en Galego foi que o alumnado de terceiro e cuarto de Diversificación lese este libro e logo tivese un encontro co autor.

Xurxo Martínez: «O BNG debe aprender de Luís Soto a antepoñer os intereses teóricos». Entrevista en Radiofusión sobre «Luís Soto. A xeira pola unidade galega»

Xurxo Martínez: «O BNG debe aprender de Luís Soto a antepoñer os intereses teóricos». Entrevista en Radiofusión sobre «Luís Soto. A xeira pola unidade galega»

Radiofusión emitiu unha entrevista con Xurxo Martínez González sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega. X. Martínez: “O BNG debe aprender de Luís Soto a antepoñer os intereses teóricos ao canibalismo interno” Luís Soto é un descoñecido para moitos, mesmo para os nacionalistas galegos.

Reivindicando as historias: Entrevista de Lourdes Varela con Anxo Fariña: «palabras e imaxes xórdenme ao tempo»

Lourdes Varela publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha entrevista con Anxo Fariña, sobre o seu libro  A chave da Atlántida, Premio Merlín 2011.

Cando a música forma parte da trama: «A caza do Ghazafello», a aventura dun libro-disco colectivo

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre sobre o libro-CD A caza do Ghazafello, unha novela de Denís M. e música de Marcos Payno que reúne a importantes músico galegos e á ilustradora Sara López, con produción de Valentín Torrado.

Agustín Fernández Paz na prensa latinoamericana: sen estereotipos infantís

A prensa latinoamericana, especialmente a mexicana, faise eco da entrega a Agustín Fernández Paz do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Reproducimos a noticia do xornal Informador. Fernández Paz, sin estereotipos infantiles GUADALAJARA, JALISCO (28/NOV/2011).

Acción política e Galicia en «Luís Soto. A xeira pola unidade galega». Artigo de opinión de Eduardo Gutiérrez

Acción política e Galicia en «Luís Soto. A xeira pola unidade galega». Artigo de opinión de Eduardo Gutiérrez

El Progreso publica un artigo de opinión de Eduardo Gutiérrez  sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González Un libro sobre Luís Soto XURXO Martínez González é un mozo, investigador histórico de vocación, rigoroso e perspicaz, que paseniñamente se vai especializando na biografía de figuras galegas que desenvolveron unha parte da sua vida no exilio.

Para vivir en galego: Crítica de Isabel Vaquero sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

Isabel Vaquero, técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, escribiu unha recensión crítica sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón para O Cartafol, o boletín electrónico deste servizo. Como defenderes os teus dereitos lingüísticos «Cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posibles».