Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2011

A ruptura coa tradición lectora de «Tráiler». Anotación de César Lorenzo sobre a novela de Fran Alonso

César Lorenzo publica no seu blog, Cequeliños, unha anotación sobre Tráiler, de Fran Alonso. Fran Alonso Lin Tráiler, de Fran Alonso, poucos meses despois de que o publicara Xerais, é dicir, no 1991. Foi unha das novelas que marcou a miña adolescencia. Daquela eu descubrira na biblioteca do Instituto do Calvario (Vigo) a colección rosa de Xerais e papaba cada título que a consellaría tiña a ben comprar (que tempos aqueles!).

A movida e o Vigo dos 80 en fotografías: hoxe preséntase «Vigo, a explosión dos ’80», de Víctor de las Heras

A movida e o Vigo dos 80 en fotografías: hoxe preséntase «Vigo, a explosión dos ’80», de Víctor de las Heras

A xornalista Ana Baena publicou no Atlántico unha reportaxe sobre Vigo. A explosión dos ’80, de Víctor de las Heras, que se presenta hoxe xoves 1 de decembro, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na Praza do Rei, e que contará coa presenza do ex alcade Manoel Soto, do sindicalista Antonio Sangabriel, do músico Nicolás Pastoriza, do xornalista Fernando Franco, e do director de Xerais Manuel Bragado.