Menu Xerais

Acto literario musical o venres 28 en Noia arredor da novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas

O IES Campo de San Alberto de Noia, e Edicións Xerais de Galicia, coa colaboración do Concello de Noia, organizan un acto literario musical ao redor da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, que terá lugar no Teatro Coliseo Noela (rúa Curro, 4 Noia) o día 28 de xaneiro, venres, ás 20,00 horas.
As alumnas do IES Miriam López Romero e Paula Gómez González e os alumnos Pablo García Blanco e Sergio García Domínguez
entrevistarán ao escritor para a revista Entrepontes.
Acompañarán musicalmente o acto o trío formado pola cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara.

Comentarios pechados