Menu Xerais

Agustín Fernández Paz recollerá mañá en Guadalajara, México o Premio SM de Literatura Iberoamericana

O escritor galego Agustín Fernández Paz recibirá mañá martes, na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México, o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. O autor, que viaxou a Guadalajara, acompañado da súa filla, estará tamén acompañado polo seu editor Manuel Bragado.

O premio fóralle concedido ao escritor de Vilalba o pasado 12 de setembro en recoñecemento a toda a súa traxectoria como autor de literatura infantil e xuvenil. Daquela, o xurado destacou da súa obra ««o seu compromiso cos valores humanos universais e o seu papel determinante na construción dunha literatura infantil e xuvenil en lingua galega», destacando tamén a súa extensa obra narratiava, que aborda gran diversidade de xéneros e temas.

No marco da Feira do Libro de Guadalajara, Agustín Fernández Paz será entrevistado, ademais, pola escritora Rosa Aneiros, nun foro que leva por nome «El pracer de la lectura», que se celebrará o mércores 30.

Deixa un comentario!