Menu Xerais

«As palabras que move o mar», de Xaime Toxo, na sección Un libro para cada día

As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra.

O debú serodio de Xaime Toxo

Xaime Toxo presenta o seu primeiro libro, ‘As palabras que move o mar’, un conxunto de catro relatos longos que publica Xerais.

As palabras que move o mar supón o debú narrativo de Xaime Toxo (Bueu, 1955) tras varios premios de narrativa breve. “O alento das pedras”, “Cartografías”, “A casa dos alicerces mariños” e “Escuro é o rostro da memoria” son textos de longo alento, nos que a acción se vai enredando por entre as falas dos personaxes e a descrición dos ambientes.

Prosa para ler con tento, repousando as palabras e as situacións para que o lector teña tempo de entrar, sentar e acomodarse.

As referencias literarias e culturais doutro tipo van compoñendo un mosaico sobre a debilidade/fortaleza humana.

Toxo debuta con este libro aínda que lle vén de vello o seu labor de narrador en curto. Foi gañador de diversos certames deste xénero e ten publicado relatos en volumes colectivos.

Deixa un comentario!