Menu Xerais

Crítica de Paula Fernández sobre a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa

No Faro das Letras, de Faro de Vigo, de onte publicouse unha crítica de Paula Fernández sobre a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa. A recensión pode baixarse integramente en pdf aquí. Reproducimos algúns parágrafos:

Co fermoso nome de Galicia Invisible refírese Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo, 1958) á Galicia máxica, á lendaria, á que non se ve pero que aínda perdura no imaxinario cultural e popular, nos contos e nas lendas que dende hai séculos foron sobrevivindo e amenizando as horas de lecer de milleiros de persoas. Unha Galicia chea de cidades asolagadas; de illas,montes e covas que aparecen e desaparecen de xeito misterioso e, tamén, de personaxes estraños e marabillosos que nelas habitan.

Viaxamos neste álbum, caracterizado polo ton carente de artificios e a presenza dunha escrita coloquial, por cidades desaparecidas –trinta e cinco nas historias contadasmais un cento en total de termos en conta a relación de cidades que pecha o libro– as máis das veces por causa do castigo imposto por non se acomodar á norma imposta por algún ser.

(…)

Reigosa coñece este mundo en que os animais falaban á perfección pois son moitas as obras que lles ten adicado, polo que a seriedade e a boa técnica na escrita –respectando o xeito popular– están garantidos, e desta volta súmaselle a man plástica de Noemí López (Lugo, 1974) quen consegue reflectir o espírito das lendas e dos seusprotagonistas co seu estilo inconfundible,cheo tamén demaxia emisterio, de formas arredondadas que suxiren suaves movementos e xogos de tons que parten do ocre e do verde.

Comentarios pechados