Menu Xerais

Crítica sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O Atlántico Diario publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya.

En Edición Xerais de Galicia, narrativa, 102 páxinas. De primeiras e de xeito definitivo, hai que deixar claro que An Alfaya é unha das voces máis claras e significativas da literatura galega, tanto na narrativa como no teatro, e quen por seus indubitábeis méritos foi reeoñecida numerosas veces con distintos premios, o cal a nós, amigos e amigas nos enche e nos honra coa súa amizade. Desta xeira, o libro que aquí presentamos foi publicado por entregas nun xornal galego e obtivo o primeiro premio dese concurso. “Vía secundaria”, cun fío narrativo intenso, despoutado e xenuinamente dramático, An, ambienta a súa novela nun polígono industrial onde se produce un atropelo nun día gris e choviñento.
Vigo ou cal quera outra xeografía de Galicia pode ser o escenario deste relatorio. É unha”crónica” ad hoc, de amor e desamor, de vidas anónimas e fugaces felicidades, ese tempo aneboado que sempre rexe as estampas das últimas e aínda máis recentes memorias de nós. Se for necesario cualificar esta nova novela de An Alfaya, faríamolo cun notábel alto, e mesmo recomendaríamos e recomendamos pois, a súa gratificante letura. Os nosos parabéns a autora.

Deixa un comentario!