Menu Xerais

Emilio Alonso Premio Maketón Estrella de Galicia

Tras o éxito rotundo da publicación de Vigo a 80 revolucións por minuto, Emilio Alonso recollerá mañá, 30 de decembro, o Premio especial Maketón Estrella de Galicia, pola súa atención á música galega dos anos oitenta. O Premio será entregado nunha festa que se celebrará a partir das 10:30 horas na sala Mondo Club, na que haberá música en directo de Belöp e Phantom Club. Pódense recoller convites en Radio Vigo ((Rúa Areal 8  ) e na cervexaría Estrella de Galicia (Praza de Compostela).

Emilio Alonso asinará exemplares do seu libro, hoxe xoves, á partir das 18:30 horas, nas instalacións de El Corte Inglés de vigo (rúa Gran Vía)

Deixa un comentario!