Menu Xerais

Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra

A escritora Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra deste ano 2011 que estará dedicado á «mentira» como tema central. Gloria Sánchez e a súa renovadora obra literaria converteranse na figura nuclear do evento, cunha exposición que se centrará na súa biografía e nos seus libros e outras actividades.

Ela mesma, ademais, ofrecerá unha conferencia ao público do Salón.

Desde Xerais, queremos darlle os nosos parabéns a Gloria Sánchez por estes recoñecementos. Recentemente publicou nesta editorial o álbum Florentino, o príncipe Quino, o oitavo título da autora que forma parte do noso catálogo.

Comentarios pechados