Menu Xerais

Dous textos en pdf sobre «Despois da medianoite», da escritora india Salma: un adianto do primeiro capítulo e un texto no que a autora relata a súa propia vida

Hoxe ofrecemos a todos os lectores e lectoras de Xerais dous textos en pdf sobre a novela  Despois da medianoite, da escritora india Salma: un adianto do primeiro capítulo e outro texto de Salma no que relata a súa propia vida.

1) O adianto do primeiro capítulo (28 páxinas), que inclúe tamén a introdución da tradutora, María Reimóndez. Descargar.

2) «A miña vida»: Un texto de Salma no que relata a súa propia vida, traducido tamén por María Reimóndez e que non se inclúe no libro. Descargar.
O texto comeza así:

A miña familia púxome de nome Rajathi. Nacín nunha aldeíña onde prevalece unha atmosfera opresiva que impide que as nenas musulmás vaian á escola. Para todas as nenas que nacen na nosa aldea, a escola remata aos trece anos. Os meus días pasaban co medo de que ese día chegase tamén para min.

A novela Despois da medianoite, da escritora india Salma, é unha das novidades de Narrativa do mes de xuño. Está traducida por María Reimóndez e a autora visita Galicia, por invitación de IND, para presentar a súa obra.

Mañá preséntase en Santiago, ás 20:00 h. na Praza de Cervantes, coa colaboración da Libraría Couceiro; e o xoves preséntase en Vigo, tamén ás 20:00 h. na Libraría Librouro.

O calendario de presentacións, encontros e actividades de Salma en Galicia pode consultarse aquí.

Deixa un comentario!