Menu Xerais

«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, na sección Un libro para cada día

Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra.

Fernández Paz pescuda no seu pasado

Agustín Fernández Paz presenta a súa última novela, ‘Non hai noite tan longa’, unha obra narrativa na que o escritor de Vilalba recrea a recente historia de Galiza cun sentido crítico. Edita Xerais.

A historia de Non hai noite tan longa percorre os últimos 50 anos da historia de Galiza. A figura que Agustín Fernández Paz escolle é a de Gabriel Lamas, un exiliado retornado tras varias décadas en París.

O seu regreso a Monteverde supón o reencontro cos seus fantasmas. Coa morte do pai, condenado por un delito que non cometera no 1972; coa evolución política e social de Galiza. Lamas terá que reconstruír as pezas do seu pasado para poder enfrontarse ao seu porvir.

Fernández Paz, mestre da técnica narrativa, emprega nesta novela unha sorte de modelo de novela de intriga para manter o lector enganchado a unha historia que vai máis alá de xéneros e que supón unha ollada crítica sobre nós mesmos.

Deixa un comentario!