Menu Xerais

«O coitelo en Novembro» de Marilar Aleixandre e «Luz de Tebra» de Vázquez de la Cruz, recomendadas

O Nadal trouxo a recomendación de lectura de varios libros de Xerais.

Entre eles, nas páxinas de La Voz de Galicia, recomendouse a lectura de O coitelo en Novembro, de Marilar Aleixandre, recensionado por Ana Abelenda, así como de Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, recensionada por Sandra Faginas.

Sobre o libro de relatos de Marilar Aleixandre, Ana Abelenda asegura que é «unha obra de difícil clasificación na que a emoción é un suspense que non só resiste os mil contos que salvaban noites e as metamorfoses do eu, senón que é un lume que se aviva con forza ao comezo e ao fi nal de cada relato do libro».

Sobre o libro de relatos de Ánxel Vázquez de la Cruz, Sandra Faginas preséntao como «a gran sorpresa deste ano» e di que «afabilidade tan galega que une na mesma frase vida e morte, luz e tebra sen facer tremer a verosimilitude do relato. Un mesmo universo de dúas faces que o autor manexa coa precisión humorística dun médico que sabe curar tamén coa palabra».

Ambas as dúas recensións, poden baixarse en pdf, tanto a de O coitelo en Novembro como a de Luz de Tebra.

Comentarios pechados