Menu Xerais

«O xornalismo tamén é literatura»: Yasmina Shawki, autora de «Fundación Libélula»

Manuel Vidal Villaverde publica hoxe en Atlántico Diario unha entrevista coa escritora Yashmina Shawki, autora de Fundación Libélula, publicada por Xerais.

Fundación Libélula, en palabras da autora,  narra a historia de tres mulleres, Gladys, Helena e Laura, de diferentes idades e procedencias, que viven nunha situación de precariedade que as atrapa e da que queren saír. O azar fará que cada unha atope, no momento máis complicado da súa vida, a persoas que lle axudará a iniciar unha nova vida, a avogada María xosé Muradas. Unha triunfadora que decide dar continuidade a súa vocación de axuda creando unha institución para as mulleres en situación de dificultade: Fundación Libélula.

Yashmina Shawki declara na entrevista que comezou escribindo poesía, un xénero demasiado persoal como para dalo á luz, e insiste en que o xornalismo é unha das múltiples vertentes da literatura.

Pódese ler a entrevista completa aquí.

Deixa un comentario!