Menu Xerais

Os actores de José Luis Cuerda agradécenlle a Manuel Rivas que crease os personaxes de «Todo é silencio»

Os actores da película que dirixe José Luis Cuerda a partir da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, agradecéronlle onte ao escritor, na presentación pública da longametraxe, que tivo lugar en Oza dos Ríos, que crease os personaxes da novela, que «son un agasallo».

A película desenvólvese na costa galega a finais dos anos 80 e relata a relación de rivalidade e amizade de Fins, interpretado por Quim Gutiérrez, e Brincos, interpretado por Ángel Silvestre. Entre eles dous, móvese a figura de Leda, encarnada pola actriz galega Celia Freijeiro. José Luís Cuerda definiu a película como «a máis romántica que fixen nunca”, porque en Todo é silencio priman os sentimentos sobre a razón».

Manuel Rivas estivo onte presente durante o acto de presentación da película, no pazo de Santa Cruz de Mondoi, xunto co director, os actores e o autor do guión, Gerardo Herrero. O escritor publicará proximamente en Xerais os seus contos completos baixo o título O máis estraño.

Deixa un comentario!