Menu Xerais

Presentación de «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero o próximo mércores en Lugo

O próximo mércores 4 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4), a presentación do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero. O acto, organizado por Xerais e a Galería Sargadelos, contará coa participación de Alexandre Veiga Rodríguez (Decano da Facultade de Humanidades de Lugo), Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero.

Comentarios pechados