Menu Xerais

Presentación en Vigo de “Vigo. A explosión dos ’80″ de Víctor de las Heras

O xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas, terá lugar, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na Praza do Rei, a presentación do libro Vigo. A explosión dos ’80 de Víctor de las Heras con textos de Fernando Franco.

No acto, no participarán o ex alcade Manoel Soto, o sindicalista Antonio Sangabriel, o músico Nicolás Pastoriza, o xornalista Fernando Franco, o director de Xerais Manuel Bragado e o autor, haberá unha proxección de fotografías do libro acompañada dunha selección musical dos ’80.

Máis de 300 fotografías sobre a vida social, cultural e política dos axitados ’80 en Vigo

Deixa un comentario!